Iniciar sesión

Secretaría virtual

Educación física

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Adaptación programación departamento

No arquivo adxunto tedes a adaptación da programación do departemento atendendo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG nº 29 de 11 de febreiro).

Patinando sobre xeo

Sabemos que moitos de vos estabades agardando con impaciencia as imaxes das vosas exibicións sobre o xeo. Tardaron un pouquiño pero aquí están. Para os que non o sabedes, corresponden a dúas sesións de patinaxe na pista de xeo de Samil, unha cos alumnos de primeiro e segundo e outra cos de terceiro e cuarto da ESO.

Que disfrutedes do vídeo. 

Un día no xeo

Máis de 260 alumnos de ESO e primeiro de bacharelato participaron nunha sesión de patinaxe sobre xeo, na pista itinerante da Praia de Samil, en tres días da segunda semana de clase despois das vacacións do Nadal. A convocatoria foi un rotundo éxito.

No seguinte vídeo podedes ver como disfrutaron os os participantes nesta actividade, organizada polo Departamento de Educación Física.

Comendo de xeito saudable

O alumnado de Promoción de Estilos de Vida Saudable (optativa de 2º da ESO) fixo unha merendiña durante a última clase de decembro (luns 17 ás 10:30). A actividade consistiu en: dividir a clase en 3 grupos, lavar, pelar e trocear as pezas de froita que trouxeron, diseñar e montar unha árbore de Nadal en cada grupo, decatarse do bonitas que quedaron, e, finalmente comelas entre todos (picando a froita con palillos).

Aquí tedes algunhas fotos para que vexades o ben que estaba todo.

Programación curso 2021/22

Nos arquivos adxuntos tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

A esgrima a través dos tempos

O luns tivo lugar no noso centro, organizado polo Departamento de Educación Física, unha exhibición de esgrima, onde nos explicaron a súa evolución a través dos tempos. Contamos coa presenza, entre outros, de Rosa Cano Diosa (medalla de bronce europeo, ouro en tres ocasións na Copa América e cinco veces campiona de España) e de Ricardo Soto Caride (campión de España de Tai Chi e especialista en esgrima histórica).

Repasaron a evolución de desta disciplina a través dos tempos, desde as gladio románs ata a esgrima moderna, cuxa base foi a española "espada ropera" que, como o seu nome indica, era un adorno que se levaba na roupa, para moda e defensa persoal.

No seguinte vídeo tedes unha escolma desta interesantísima actividade.

A esgrima a través dos tempos from matesrou on Vimeo.

Membros do Departamento de Educación Física

Alfonso Ruso González (xefe de Departamento)

Olegario Muñiz García

Distribuir contido