Anuncios
Xornada de portas abertas
No mes de febreiro teremos unhas xornadas de portas abertas nas seguintes datas:
- Mércores 15 de febreiro ás 17 horas: alumnado de ESO (preferiblemente de primeiro) de centros non adscritos e pais do cole Frian-Teis.
- Xoves 16 de febreiro ás 17 horas: alumnado de primeiro de bacharelato.
Esperámosvos.
Probas acceso ciclos formativos grao superior
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:
Calendario competencial 2023
Hoxe repartíronse no centro os calendarios competenciais deste ano 2023. Foron creados pola Deputación de Pontevedra e inclúen propostas de aprendizaxe e actividades (buscas do tesouro, cine en familia, lecturas recomendadas, educación ambiental, pautas de respiración...).
Por se é do voso interese, no arquivo adxunto o tedes en pdf.
Agradecemos á Deputación de Pontevedra este interesante agasallo.
Servizo Integral de Reparación Ordenadores Edixgal
Por se é do voso interese, no arquivo adxunto tedes información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación dos equipos Edixgal.
Proclamación membros Consello Escolar
No arquivo adxunto indícase a composición do Consello Escolar do noso centro.
Publicación candidaturas Consello Escolar
Logo da segunda reunión da Xunta Electoral, celebrada no IES ROU o día 21 de novembro ás 18,15 e non habendo reclamacións aos censos electorais expostos no vestíbulo do centro, procédese á publicación das candidaturas presentadas no prazo establecido para a renovación parcial dos membros integrantes do Consello Escolar do Centro:
POLO PROFESORADO:
- Mª DEL CARMEN FERREIRO SALGADO
- RUBÉN BORRAJO SANTOS
- JOSÉ EMILIO GOMEZ FERNÁNDEZ
POLOS PAIS / NAIS / TITORES LEGAIS:
- M.ª JESÚS MONTENEGRO GUERRERO
- ELENA DEL RÍO EMPARANZA
- ROSA M.ª GONZÁLEZ CARBALLÁS
POLO P.A.S.:
- ROSARIO DOLORES ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
POLO ALUMNADO:
- ANTÓN ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
- NICOLÁS CASTRO GONZÁLEZ
Eleccións Consello Escolar
Logo da 1ª reunión da xunta electoral, informamos que a partir do xoves 10 de novembro estarán expostos os seguintes documentos no taboleiro do vestíbulo do centro:
- Composición e vacantes no Consello Escolar
- Calendario de actuacións para as eleccións
- Os censos electorais de cada sector
Lembramos que a consulta é pública accedendo ao centro, non estando permitido sacar fotografías destes documentos.
Así mesmo está aprobado o modelo de presentación de candidaturas, custodiado en dirección. @s voluntari@s para presentarse poden pasar a recoller copia deste modelo. O prazo remata o venres 18 de novembro.
No arquivo adxunto tedes un resumo do calendario do proceso.
Calendario escolar 22-23
CALENDARIO ESCOLAR 22-23 ROU
CURSO ACADÉMICO = 1 setembro 2022 ata 31 agosto 2023
CURSO ESCOLAR = 8 setembro 2022 ata 21 xuño 2023 = 178 días lectivos ( a descontar 1 non lectivo )
DÍA NON LECTIVO : 12/10/22, 31/10/22 ( día do ensino ), 1/11/22, 6 e 8/12/22, 28/3/23 ( festivo local), 1 e 17/5/23
DÍA NON LECTIVO ELEXIDO POLO CENTRO : 27/03/23
PERÍODOS VACACIONAIS :
- NADAL : 23/12/22 ata o 6/01/23 , ambos inclusive ( venres e venres)
- ENTROIDO : os días 20-21-22 / 02/2023 (luns, martes e mércores)
- SEMANA SANTA : 03/04/23 ata o 10/04/23 , ambos inclusive ( luns e luns)
As datas de avaliación quedan fixadas segundo a seguinte distribución, atendendo aos períodos vacacionais como datas límite (para ESO e BACH):
1ª Avaliación:
- ESO e 1º de Bacharelato; 15, 20, e 21 de decembro de 2022.
- 2º de Bacharelato, 17 de novembro de 2021.
2ª Avaliación:
- ESO e 1º de Bacharelato; 23, 29 e 30 de marzo de 2022.
- 2º de Bacharelato, 16 de febreiro de 2022.
3ª Avaliación (ordinaria):
- ESO e 1º de Bacharelato; 6, 7 , 8 de xuño de 2022 ( segundo instrucións da Consellería)
- 2º de Bacharelato, 18 de maio de 2022 (a determinar pola CIUGA)
Avaliación extraordinaria
- Todos os niveis coincidirán nas datas segundo instrucións da Consellería, eliminándose este curso a convocatoria de setembro. As datas das probas finais serán o 19, 20 , 21 de xuño e as avaliacións o 22 e 23de xuño.
