![]() |
![]() |
Image taken from Wikipedia CC BY-SA 3.0 |
Iniciar sesión |
Designed by Freepik. Autor @bebarrel 365 días pola igualdade no ROU O LIBRO NOS CAMIÑOS DA CULTURA OCCIDENTAL
BIBLIOTECA INTERCAMBIOS E VIAXES |
Admisión curso 21/221.- Reserva de praza para 1º ESO do alumnado de sexto de primaria procedente do CEIP Plurilingüe Frian-Teis:
2.- Solicitude de admisión para 1º de ESO do alumnado procedente doutros centros, matrícula para outros cursos de ESO e bacharelato.
Se queredes coñecer a oferta educativa do noso centro podedes chamarnos por teléfono (886120490) ou enviarnos un correo electrónico (ies.republica.uruguai@edu.xunta.gal). Enlaces de interese:
Ánimo!Dentro duns días comezará o segundo trimestre e cremos que, antes de nada, é de xustiza agradecer a todo o alumnado, profesorado, familias e persoal non docente o esforzo feito estes tres meses pasados para adaptarnos a unha situación que non é doada para ninguén. Grazas a esta actitude por parte de todos estamos a conseguir que o centro permaneza aberto sen incidencias significativas. É hora de afrontar esta segunda parte do curso e, dirixíndonos especialmente ao alumnado, pedirvos que sigades mantendo e, de ser posible mellorando, esta actitude de responsabilidade. Indicarvos tamén que sigades loitando por sacar o curso adiante. Aos que vos foi mal non vos desanimedes, aínda queda tempo para darlle a volta á situación (hai seis semanas o Celta estaba último na Liga e xa vedes onde estamos agora). E aos que a cousa lles foi ben, xa sabedes, seguide así. Por último comentarvos que, se aínda non tedes claro que pedirlle aos Reis Magos, toda a roupa de abrigo que poidades ter vai vir de marabilla, xa sabedes que combater o virus conleva sacrificios térmicos. Moito ánimo, que isto vai para adiante. Merry Christmas from WisconsinALLY, our new American teacher assistant has sent photos from Wisconsin. As you can see she will have a white Christmas, really cold as well. She is looking forward to meeting and teaching you. She will be working at IES ROU from January 11th 2021.She wishes you Merry Christmas!!!
Gran concurso do século XXO venres 18 de decembro, despois dunha ampla e reñida participación, o xurado concedeu dous premios no Gran Concurso do Século XX:
Parabéns aos gañadores!! Charla do investigador Carlos SpuchO martes 15 de decembro tivemos dous Charlas do investigador e biólogo Carlos Spuch (ao que lle agradecemos enormemente a súa presenza) sobre a prevención e protección ante a Pandemia do COVID-19. Aquí tedes unhas imaxes da interesante e instructiva conferencia dirixida aos alumnos de 1º e 2º bacharelato.
Cita previa no NadalPara solicitar cita previa, por favor, chamen ao teléfono 886 120490 ou envíen un correo electrónico a ies.republica.uruguai@edu.xunta.es Horario día 22Xa pasou primeiro trimestre. Indicarvos que o horario de saída e, polo tanto, o final da última hora de clase, será ás 14 h para a ESO, ás 14:05 para primeiro de bacharelato e ás 14:10 para segundo de bacharelato. Que pasedes un Bo Nadal!! 100% de aprobados no DELF ScolaireUn ano máis, todo o alumnado que se presentou ás probas A2, B1 e B2 de francés logrou superalas con éxito. Nun par de meses teredes os vosos diplomas expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia.
Os nosos parabéns!
![]() |