Informacións
Premios ANPA
Co gallo do Nadal celebrouse un concurso de fotografía organizado pola ANPA do noso centro. O primeiro premio foi para Naira Otero Ferreira, o segundo para Sofía Cortés García e o terceiro para Olivia Navia Rodríguez. Os nosos parabéns ás gañadoras.
|
![]() |
![]() |
English Week
Nos arquivos adxuntos tedes documentación relativa á participación no programa English Week 2017. Por favor, lédea con atención; se tedes calquera dúbida podedes porvos en contacto co centro.
ABALARMÓBIL: as familias e o centro unidos polo móbil
O noso instituto é un dos centros galegos seleccionados para por en marcha a aplicación ABALARMÓBIL. Dita aplicación permitiravos acceder a moitos datos académicos dos vosos fillos, como notas, faltas de asistencia...
O seguinte vídeo explícavos como descargala e o seu funcionamento. Se tedes algunha dúbida podédevos por en contacto con nós no correo electrónico: ies.republica.uruguai@edu.xunta.es ou no teléfono 886120490.
