Iniciar sesión

Secretaría virtual

Francés

100% de aprobados no DELF Scolaire

Todo o noso alumnado que se presentou ás probas do DELF Scolaire (Diplôme d’études en langue française), diplomas oficiales expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, conseguiu superar ditas probas, tanto no nivel B1 coma no B2.

Os nosos parabéns!

Probas producción oral DELF Scolaire

Nos arquivos adxuntos tedes os horarios para as probas de producción oral do DELF Scolaire.

  • B2: mércores, 8 de maio, no IES de Teis.
  • B1: xoves, 9 de maio, no IES ROU.

Ánimo que xa está feito.

Recordatorio DELF Scolaire

Nos arquivos adxuntos tedes as datas de exames (recordade que son a vindeira semana) e o número de cada candidato.

Bonne chance.

As "Crêpes" invaden o noso instituto

O venres 8 de febreiro, o noso alumnado de francés de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato puido gozar e aprender da lingua francesa e a súa cultura co Atelier Crêpes de Jérémy Thomas, experto crepero bretón.Tiveron a oportunidade de viaxar a Francia no seu Food- Truck "A Marinière". Grazas ás explicacións sobre a cultura bretoa, da man e voz dun bretón de pura raza, aprenderon receitas e vocabulario sobre ingredientes para lograr a masa das crêpes e puxéronse ao choio. Clientes e camareiros voluntariosos, mandil en peito, se atreveron a probar e a elaborar a súa propia crêpe. O ambiente foi divertido e moi proveitoso!

DELF Scolaire 2019

Nos arquivos adxuntos tedes o calendario das probas do DELF Scolaire para este ano, así como a ficha de inscripción para ditas probas.

A data tope para a entrega da documentación a Henar é o martes 12 de febreiro.

Moita sorte a todos.

Programación curso 2018/19

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2018/19.

Postres franceses

Os alumnos de 3º ESO de francés parece ser que son uns bos reposteiros. Aquí tedes unhas fotos para que vexades unha mostra e, para rematar, Sara e Victoria explícannos nun vídeo como facer a "Tarte tatin".

      

Tarte tatin from IES ROU on Vimeo.

100 % de aprobados no DELF Scolaire

O 100 % do alumnado que se presentou ás probas de DELF Scolaire (tanto no nivel B1 coma no B2) conseguiu superalas. Na foto adxunta tedes os resultados obtidos. Non hai outra cousa que dicir máis que Oh là là.

Baroque

O alumnado de francés do noso centro tamén quíxose sumar ao noso período histórico escollido este ano: o Barroco. Aquí tedes un par de vídeos para que teñades unha idea do que fixeron.

No primeiro vídeo están algún dos rapaces que participaron.

Baroque from IES ROU on Vimeo.

E neste segundo tedes a presentación que fixeron na xornada de portas abertas.

Baroque from IES ROU on Vimeo.

Horarios exames DELF Scolaire

No arquivo adxunto tedes os horarios para a realización do DELF Scolaire (probas orais). Recordade que se fan no IES de Teis. Boa sorte!

Distribuir contido