Inglés
Programacións
No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.
The perks of being a wallflower
Dentro do proxecto “O libro nos camiños da cultura occidental, século XXI”, aquí tedes un vídeo que recolle actividades levadas a cabo por o grupo de Sección Bilingüe de 4º ESO, coordinadas pola profesora Palmira Calvar, relacionadas coa lectura da obra "The perks of being a wallflower" de Stephen Chboski.
Consumo responsable
Aquí tedes un pequeno vídeo do proxecto realizado co alumnado de 4 ESO, coordinados pola profesora Palmira Calvar, na aula de inglés. Trata de concienciar sobre o consumo responsable e reflexionar sobre as medidas que adoptamos para axudar a salvar o planeta. É unha das propostas presentadas dende a asignatura de inglés ao proxecto "O libro nos camiños da cultura occidental, século XXI".
Save the planet! Swap, don't shop!
Mercado segunda man na Ágora do IES ROU
Durante a semana do 23 o 27 de maio celebraremos a Semana de concienciación sobre o consumo responsable.
Para iso solicitamos que todo o alumnado que o desexe traia unha ou máis pezas de roupa durante a semana anterior (18-20). Entregaráselle un vale que poderá intercambiar durante os recreos (23/27 maio) por outros artigos.
A roupa que sobre, de ser o caso, será entregada a Caritas Teis.
Podede acceder a máis información se facedes clic no enlace ao blog da profesora Palmira Calvar.
Enviado polo departamento de inglés
Aquí tedes algún material que se enviou ao portal educativo Aulas Galegas:
Adaptación programación departamento
No arquivo adxunto tedes a adaptación da programación do departemento atendendo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG nº 29 de 11 de febreiro).
Enjoy it!
Ides ter a oportunidade de ver como se leva a cabo a nosa tradicional empanada de xoubas pero en inglés. Feito pola nosa profe de inglés, Palmira.
Axudas linguas estranxeiras
No arquivo adxunto tedes información sobre as axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras. Animádevos, porque é unha oportunidade excelente para mellorar.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
