Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Semana do libro no ROU

No ROU celebramos a semana do libro do mellor xeito posible!

O Mercado do Libro, con libros de ocasión e marcapáxinas realizados polos alumnos de 1º da ESO, recadou 92€ destinados á ONG Save the Children.

Tanto Save the Children como o IES ROU queremos agradecer a toda a comunidade -alumnos, familias, persoal non docente e profesorado- o seu compromiso e axuda nesta iniciativa.

Investigando

Na materia de Proxecto Competencial estivemos investigando sobre Vigo e, para afianzar os contidos, realizamos unha visita guiada ao centro da nosa cidade.

 

 

Feira das Ensinanzas Artísticas

O noso alumnado de 4º da ESO asistiu á oitava Edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo no Museo Verbum, onde tiveron a oportunidade de informarse a cerca de ciclos oficiais de grao medio e superior, graos universitarios e formacións técnicas. Entre as especialidades estiveron presentes: moda, deseño de interiores, produción e vídeo, perruquería, xoiaría, auxiliar de vó, piloto de liñas aéreas, idiomas e caracterización.

 
 

1º BAC en Londres

Aquí temos unha foto que nos mandan os de primeiro de bacharelato da súa viaxe a Londres. Polo que se ve non deben estar a pasalo moi mal.

Celebración Día Internacional da Muller

A semana do 8 de marzo festexamos o Día Internacional da Muller mediante distintas actividades en prol da igualdade: a batucada feminista, o obradoiro de pancartas reivindicativas, a visita da escritora Luisa Abad e da artista Eva Casais, ou as distintas exposicións que encheron de nomes de mulleres os corredores do noso centro.

 

O Xapón no noso centro

Estes días tivemos no noso centro un obradoiro de introducción á cultura xaponesa, organizado polas profesoras de música, Elena, e de matemáticas, Nuria, e impartido pola profesora de xaponés da Escola Oficial de Idiomas, Yerma.

Xornadas de Orientación Universitaria

O día 30 de xaneiro, o noso alumnado de 2º de Bach asistiu ás Xornadas de Orientación Universitaria da Universidade de Vigo onde visitou as diferentes mesas informativas e recibiu detalles sobre a súa oferta académica. 

Pola eliminación da violencia contra as mulleres

Co gallo da conmemoración do día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, no IES República Oriental do Uruguai de Vigo ( Teis ), o ilustrador Orballo, profesor de debuxo do centro, fará unha sinatura multitudinaria do seu libro da Editorial Galaxia "BORIS E COMPAÑIA". Cada persoa interesada poderá adquirir un ou varios exemplares do mesmo, donados pola propia editorial, e facer unha achega económica VOLUNTARIA, destinada a Asociación REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO.

Este acto comezará ás 11:20 h e rematará ás 14:00 h.

Ademáis o centro expón RED FLAGS con consellos para previr conductas sexistas, inaugura o Punto de Igualdade na Ágora do centro, fai homenaxe ás victimas de violencia de xénero do 2023 na camelia da entrada ao instituto e expón iniciativas feitas por mulleres contra a violencia de xénero.

 

Club de lectura

Desde o club de lectura envíannos os carteis das próximas reunións.

Vídeo graduación 2º BAC

Xa temos o excelente vídeo da graduación do alumnado de segundo de bacharelato feito pola empresa audiovisual de vídeo aéreo, terrestre e fotografía Aerovidal.

Distribuir contido