Iniciar sesión

Secretaría virtual

Teatro

Cancelación da representación da obra máis aclamada

Por motivos alleos á nosa vontade, queda cancelada a representación da obra "Usted tiene ojos de mujer faltal", de Jardiel Poncela. 

A oratoria e o teatro

No seguinte vídeo tedes unha escolma das excelentes actuacións do alumnado de oratoria de 2º da ESO. Que o disfrutedes.

Próxima estrea

A compañía de teatro "Arte Nuevo", formada por alumnado de 2º e 3º da ESO e dirixida pola profesora Estela Lago, vai representar a obra "Usted tiene ojos de mujer fatal", unha adaptación da obra de Jardiel Poncela. Aínda que a compañía ten tres anos de experiencia, este curso participa por primeira vez nos "Premios Buero teatro joven" da fundación Coca Cola. Catro dos nosos alumnos foron seleccionados para presentar a gala de entrega de premios de dita fundación.

Aquí tedes un tráiler para abrir boca. 

Teatro no ROU

No seguinte vídeo tedes tres entremeses representados polo alumnado de 2º ESO co gallo da xornada de portas abertas que se celebrou no noso instituto. Que o disfrutedes.

Teatro no ROU from IES ROU on Vimeo.

Romeo e Xulieta no ROU

Alumnado de 1º e 2º ESO, baixo a direción da profesora Estela Lago Ribo, representou no noso centro unha versión do clásico renacentista Romeo e Xulieta, de William Shakespeare. Debido ao éxito a compañía está sendo requerida en numerosos lugares e vai facer unha xira por: CEIP García Barbón, CEIP Frián, CEIP Mosteiro, IES Castelao e Residencia de maiores Geriatros. Seica xa soan bastante para seren os gañadores dos vindeiros Premios Max. No seguinte vídeo tedes unha mostra.

Romeo y Julieta from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido