Iniciar sesión

Secretaría virtual

Outras actividades biblioteca

Actividades biblioteca

Ler é unha arte

As alumnas e alumnos de Expresión artística de 4º de ESO realizaron unha fantástica exposición que podedes visitar no corredor de acceso á Biblioteca. 
Nela podedes atopar grandes obras mestras da Historia da Arte "customizadas" con motivo da celebración da Semana do Libro.

Animámosvos a participar nos pasatempos que nos propoñen:

Encrucillado: https://puzzel.org/es/crossword/play?p=-NwLViW4RT2PzFG6MtGL

Sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearches/sopa_de_letras_con_arte-abd5fde6836dcd480222fc4a9494ca9e

 

Paula Carballeira e o teatro no noso centro

Este martes 2 de abril, dentro das xornadas de encontros con autoras e autores organizada  pola Biblioteca e, neste caso, o departamento de Lingua Galega, visitounos PAULA CARBALLEIRA, autora da peza teatral As alumnas, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Participou o alumnado de 1° de bacharelato que leu a obra, xunto coa súa profesora Esther Quinteiro. Paula Carballeira contounos anécdotas sobre a creación, pescuda e recepción desta obra que trata sobre a educación da muller durante o franquismo e tamén sobre a amizade. Coa soltura que dá toda unha carreira literaria e vinculada ao teatro, respondeu as preguntas das e dos asistentes e  intercambiou pareceres e mesmo a interpretación dunha pasaxe connosco. Grazas Paula Carballeira por este encontro tan interesante.

Día da ilustración 2024

Para conmemorar o pasado día da Ilustración (30 de xaneiro), a Biblioteca xunto co club de Banda Deseñada, organizou un Concurso moi especial.
O obxectivo era retratar a unha persoa que consideráramos inspiradora polos seus valores, creatividade, polo que nos aporta a diario, como un músico, unha amiga, un deportista, unha científica... xunto cun pequeno texto explicando a súa influencia. O resultado deixou abraiado ao xurado!
Aquí vos deixamos algunhas das propostas presentadas a concurso xunto cos 5 gañadores.
Parabéns aos premiados!

 

A escritora Xulia Alonso no noso centro

Por segundo ano recibimos a visita de Xulia Alonso para falarnos do seu libro Futuro Imperfecto. Puidemos comprobar de novo o agradable e útil que é falar con ela. Recomendamos a experiencia a todos os institutos e esperamos poder repetila o próximo ano. Moitas grazas Xulia.

Concurso de relatos terroríficos

O pasado mes a Biblioteca e o departamento de Lingua e Literatura Galega organizaron un Concurso de "Relatos terroríficos" para conmemorar o Samaín.

Velaquí os gañadores desta edición:

Categoría 1º, 2º e 3º de ESO: Diego Vicente co relato titulado "O xogo maldito".
Categoría 4º ESO - 1º e 2º Bacharelato: José Antonio Grande co relato titulado "As bocas do crocodilo".

Noraboa aos premiados e grazas a todos pola vosa participación!

Premios Concurso Literario IES ROU 2023

O pasado martes, 20 de xuño, celebramos a entrega de premios do Concurso Literario IES ROU 2023, iniciativa do EDNL e Biblioteca. O xurado, formado por Eliseo Martínez, Esther Quinteiro, Laura Pereira e Alexandra García, decidiu por unanimidade outorgar os premios aos seguintes participantes:

  • 1° Premio Narrativa (categoría I): Eva Lomba
  • 2° Premio Narrativa (categoría I): Tomás Rodríguez
  • 1° Premio de Poesía (categoría I): Marianne Bouzas
  • 1° Premio de Poesía (categoría II): Antía Fernández

Parabéns ao galardoado e galardoadas e ao resto de participantes polas súas creacións, seguide así!

Número cinco da revista Roulando

Xa podedes ver on line (facendo clic no seguinte enlace) ou descargar (no arquivo adxunto) a nova entrega da revista Roulando. Conta con artigos  e creacións moi interesantes, ademais de debuxos e creacións artísticas. Agardamos que vos guste.

Marcapáxinas solidarios

O alumnado de primeiro e terceiro da ESO, dentro das materias de Debuxo e Proxecto Competencial, deseñou estes marcapáxinas co obxectivo de doar o diñeiro recaudado pola súa venta á fundación Save the Children.

Vendéronse todos os marcapáxinas e ingresáronse 16 euros na conta de Save The Children.

Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro, durante a semana do 24 ao 28 de abril, a Biblioteca do centro colocou na ágora unha mesa de “libros orfos que buscan un fogar” co obxectivo de cambiar libros por outros libros ou por roupa de segunda man en bo estado.

Dando a coñecer a biblioteca do centro

O equipo da Biblioteca organiza unhas xornadas con actividades para que o alumnado (na foto, de 2º ESO B) poda coñecer como funciona a Biblioteca do centro.

Distribuir contido