Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Club de lectura "Roulemos"

E agora si, podémosvos revelar o que levan, as nosas mozas e mozos do club de lectura Roulemos de 3º ESO, preparando desde hai un mes. E é que hoxe nos fomos ao CEIP García Barbón a facer a dramatización dun conto "A mosca chosca". Durante todo o mes de maio tivemos reunións moitos luns para ensaiar e hoxe dérono todo sobre o escenario. Grazas ao CEIP García Barbón por recibirnos e deixarnos pasar un intre con vosos peques de infantil.

Con esta actividade poñemos fin a un curso cheo de actividades no noso clubs de lectura. Espero, como coordinadora do club, que todos vos sentistes a gusto, o gozásedes e espero vervos o próximo curso.

Club de lectura bacharelato

O Poema da semana

Cada lúns no segundo recreo, no CLUB DE LECTURA de 1ª Bacharelato liamos un poema que traían seleccionado da súa casa e comentábamolo moi brevemente.

Club de lectura fácil

Anteonte, 20 de maio, rematamos o club de lectura fácil deste curso. Foi un pracer compartir estes intres con todas e todos os que vos animástedes a participar nalgunha das nosas lecturas. Vémonos o próximo curso con máis historias para partillar!

Club de lectura RouRead

O fin de curso de aproxima e aos poucos todo chega ao seu fin. Onte pechabamos o club de lectura en inglés "Rouread" cunha actividade moi bonita, traballando con poemas en inglés que trataban sobre a situación de desamparo para os nenos e mozos en lugares de guerra. Grazas todos por participar.

Club de lectura bacharelato

Onte xuntámonos para facer unha lectura conxunta da obra. A continuación comentamos o significado antibelicista da peza dramática e comprobamos o seu valor neste momento histórico tan convulso.

Club de lectura bacharelato

O 20 de maio será a derradeira reunión do club de lectura de Bacharelato. Esta vez toca ler teatro. Esperámosvos!

Club de lectura RouRead

A última reunión do club de lectura RouRead será o 20 de maio ás 15h esta vez será na aula 13. Contamos convosco para poñer un bo peche a este espazo de lectura en inglés.

Club de lectura profes "Catadores de libros"

Onte, xuntámonos por última vez neste curso o club de lectura de profesorado “Catadores de libros”. Foi un inmenso pracer coordinar este club no que se implicou bastante profesorado nun horario non lectivo, no que se partillaron moitas comidas, lecturas e das que agora nos levamos unha lista ben chea para o verán. Ainda faremos unha comidad de despedida, pero hoxe quero daros as GRACIAS por facelo posible.

Club de lectura profes "Catadores de libros"

Gracias pola boa acollida do amigo invisible para profesores como Conmemoración do Día do libro.

Club de banda deseñada

Nesta última sesión do club de banda deseñada de este curso, voltamos a falar da comparación entre orixinais e impresións.

Foi un pracer partillar todas estas reunións con vós.

Distribuir contido