Dinamización Lingua Galega
Novo número de ROULANDO
Sabiamos que estabades esperando con ansia o novo número (o catro xa) da nosa revista ROULANDO. Pois aquí o tedes:
Que o gocedes!
Premios Concurso Literario IES ROU 2022
Este martes, 31 de maio, celebrouse o acto de entrega de premios do Concurso Literario IES ROU 2022, iniciativa do EDNL e Biblioteca. Entregou os galardóns o director. O xurado, formado por Eliseo Martínez, Mar Hospido e Palmira Calvar, decidiu por unanimidade outorgar os premios aos seguintes participantes:
- 1° Premio Narrativa (categoría I): MIGUEL VILA por "O home de negro".
- 2° Premio Narrativa (categoría I): LEO SANTIAGO por "Amor no ocaso do pensamento".
- 1° Premio de Poesía (categoría I): CALEB IGLESIAS por "Os escritos da alma".
- 1° Premio Narrativa (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "A nena espida sobre a neve".
- 2° Premio Narrativa (categoría II): JUAN CARLOS BARROS por "Os misterios da Terra Media".
- 1° Premio de Poesía (categoría II): DANIEL REGUEIRO por "Antoloxía poética".
- 2° Premio de Poesía (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "Os crueis e os namorados".
Parabéns a tod@s os galardoad@s e mais ao resto de participantes por tantísimo talento!
Quico Cadaval connosco
Co gallo do Día das Letras Galegas estivo no noso instituto Quico Cadaval, actor, director teatral, escritor e narrador. A súa actuación encandeou a todos os que tivemos a sorte de velo. Tamén departiu co alumnado, que agradeceu a súa espontaneidade e o seu trato afable. Podedes ver algúns momentos da súa actuación se facedes clis no seguinte enlace.
Velaquí algunhas fotos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O Día de Rosalía de Castro
Con motivo do Día de Rosalía, 23 de febreiro, a Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua homenaxeou á autora con traballos creativos do alumnado. Á proposta da Asociación de Autores en Lingua Galega, o alumnado partiu dos primeiros poemas de Follas Novas de Rosalía de Castro para sementar os seus pensamentos poéticos polo centro.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Conferencia sobre Xela Arias
O 7 de febreiro,o alumnado de 4°ESO e parte do de 3° asistiu á conferencia "Xela Arias. Poesía e vida" impartida por Anxo Rajó e Bieito Ledo. Anxo Rajó, autor dun libro sobre a poeta na editorial Ir Indo, contounos feitos da vida da autora decisivos para entender a súa obra. Tamén explicou a forte personalidade e vixencia dos seus versos. Deseguido, Bieito Ledo, fundador e director da editorial Ir Indo, tratou a importancia de escribir, editar e publicar obras desde a súa óptica tan rica en experiencias. As cuestións do alumnado prolongaron o encontro sobre a autora recentemente homenaxeada
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Novo número revista ROULANDO
Xa temos aquí o novo e interesante número da nosa revista ROULANDO, coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tedes dúas posibilidades de vela:
Que a gocedes!
A poesía no noso centro
O profesor de galego Xavier Xil Xardón impartiu un obradoiro de poesía dirixido aos alumnos de ESO e Bacharelato. O obradoiro pechouse cun recital da poeta Silvia Penas quen, co seu grupo Cintaadhesiva, levou ao escenario poemas de Xela Arias e da propia Silvia. Foi unha actividade moi enriquecedora que esperamos poder seguir organizando nun futuro.
![]() |
![]() |
![]() |
Revista Equipo Dinamización e Normalización Lingüística
Desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística puxemos en marcha a realización dunha revista do instituto co alumnado. Podedes acceder ás súas versións en internet clicando nos seguintes enlaces:
Tamén podedes acceder ás versións pdf nos arquivos adxuntos.
Recordamos tamén aos membros do equipo que tedes reunión os martes, no primeiro recreo, na aula de 4º A (aula de plástica).
Que disfrutedes da lectura!
Horta americana
No século XVI introdúcense os novos cultivos americanos. No noso centro quixemos facer unha horta con estes produtos: pataca, tomate, cabaciña, pemento.. Os coordinadores do proxecto son Rosa Martínez e Pablo Blanco. Aquí tedes un vídeo.
Horta americana from matesrou on Vimeo.
Roteiro arqueolóxico
O pasado martes, día 21 de outubro, o alumnado de primeiro de ESO realizou un roteiro arqueolóxico, visitando o Castro de Baroña e os petróglifos de Carnota.
Estivo organizado polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega e o profesorado acompañante foi: Rosa Romero, Domingo García e Rosa Martínez.
