Iniciar sesión

Secretaría virtual

Intercambios e viaxes

London in five days

Aquí temos un vídeo da viaxe a Londres do noso alumnado de primeiro de bacharelato, organizado polo Departamento de Inglés. Polo que parece, mal non o deberon pasar.

Intercambio Vigo-Rennes curso 2022/23

Na nosa estancia en Francia, tivemos a gran sorte de poder visitar o fermosísimo Mont Saint-Michel, patrimonio mundial da humanidade. Este foi sen dúbida un momento máxico que decidimos inmortalizar  xunto cos nosos compañeiros e as nosas compañeiras de viaxe do IES Rosais 2.
 

Semana Internacional

Aquí tedes un resumo das actividades que levaremos a cabo durante a Semana Internacional:

  • Alumnado de terceiro da ESO terá un intercambio con alumnado de Londres, que estará no noso centro do 13 ao 18 de decembro. O noso alumnado terá unha estadía en Londres do 25 de marzo ao 1 de abril.

  • Alumnado de cuarto da ESO realizará unha viaxe a Roma do 24 ao 28 de marzo.

  • Alumnado de primeiro e segundo da ESO terán a Semana Branca en Leitariegos (León) do 29 de marzo ao 3 de abril.

14-15 neve leitariegos 130"14-15 neve leitariegos 130" by IES N1 is licensed under CC BY-NC-SA 2.0 

Intercambio con Lisboa

Alumnado de terceiro curso da ESO realizou un intercambio con rapaces do Instituto Español Giner de los Ríos, de Lisboa, onde puideron ter información de primeira man sobre moitos aspectos da cultura portuguesa.

No seguinte vídeo podedes facervos unha pequena idea da súa estadía. 

Premios aos cadernos de viaxe

Cada un dos alumnos que participou no intercambio con Vannes encheu un caderno de viaxe. Aquí temos a entrega de premios aos mellores de 3ºA e 3ºB.

 

 

   

 

 

Hora de partir

O alumnado francés do intercambio despediuse hoxe coa sensación, según nos contan, de ter vivido unha experiencia moi positiva. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, pois sen elas nada disto sería posibel.

Au revoir e... ata o ano que ven!

Programa Intercambio Vannes

No arquivo adxunto tedes o programa que seguiremos cos rapaces de Vannes. Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Skype con Vannes

O alumnado do noso centro xa tivo o primeiro contacto co alumnado de Vannes. Este acercamento virtual fixo que os rapaces aínda desexen con máis forza o comezo do intercambio. Aquí tedes algunhas fotos.

                       

 

                 

Intercambio con Forlì

Nos arquivos adxuntos tedes información de importancia respecto ao intercambio con Forlì. Aquí tedes unha foto que corresponde ao intercambio que se levou a cabo a pasado ano.

Distribuir contido