Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades extraescolares ANPA 2024-2025

Velaquí a listaxe de actividades extraescolares propostas pola ANPA do IES ROU para o curso 2024-2025

ANPA IES ROU 2024-2025

Información de inicio do curso da ANPA curso 2024-2025

 

  • Presentación da ANPA ROU
  • Convocatoria asamblea ANPA ROU
  • Recadación de fondos excursión 4º da ESO

Transporte escolar curso 2024-2025

Podedes consultar os horarios e as paradas de autobús das empresas de transporte escolar correspondentes ao curso 2024-2025, se ben hai que ter en conta:

  • É aconsellable estar na parada 10 minutos antes da hora de paso establecida xa que o horario anterior é aproximado
  • O servizo de autobús comenzará o día 12 de setembro, se ben a presentación do curso para o alumando terá lugar o día 11 no horario especificado na sección Presentación do curso para o alumnado 2024-2025

Presentación do curso para o alumnado 2024-2025

Dámosvos a benvida ao novo curso 24-25.

Achégase nesta entrada o arquivo co horario das presentacións do alumnado para este curso 2024-2025.

Libros de texto para o curso 2024 - 2025

Velaquí a lista de libros de texto para o curso 2024 - 2025.

Libros de texto ESO

Libros de texto Bacharelato

 

Adjudicación de posto escolar no curso 2015/16

A relación de alumnado admitido para o curso académico 2015/2016 está a vosa disposición no taboleiro de anuncios do instituto.

IES ROU

BENVIDOS E BENVIDAS AO

Graduación 2º BAC curso 23/24

Como vos prometimos, aquí tedes o agasallo que vos fai o ROU, realizado por AEROVIDAL. Que o disfrutedes e serva como recordo do voso paso polo instituto.

I Torneo de debate de Vigo

Baixo o tema "debería limitarse o desenvolvemento da intelixencia artificial?" e seguindo as normas do Parlamento Xove, neste I Torneo de debate de Vigo enfrentáronse catro centros: o IES da Guía, o IES Álvaro Cunqueiro, O IES República Oriental do Uruguai e o IES Alexandre Bóveda. Houbo en cada ronda: introducción, refutación, contrarrefutación e conclusión.

O equipo gañador foi o formado por Icía Roca, Hugo Álvarez, Hugo Regueiro e Maya Fernández e o semifinalista foi o formado por Pablo Rodríguez, Eiroa Raimúndez, Antón Álvarez e Adrián Garabatos, alumnos todos do no noso centro.

Foi organizado polos profesores do noso instituto Elena Nieto e Anxo Bea e contou coa asistencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de educación, Olga Alonso.

Os nosos parabéns a todos os participantes.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Interviewing pilgrims

Durante o mes de Xuño, a sección bilingüe de 1 ESO, coordinado pola profesora de inglés Palmira Calvar, levou a cabo un proxecto no que os alumnos entrevistaban a peregrinos que realizaban o camiño portugües ao seu paso por Teis. Quixemos por en práctica parte do traballado na aula durante o curso. Todos os pasos do proxecto quedaron reflectidos no vídeo que vos mostramos máis abaixo.

Distribuir contido