Iniciar sesión

Secretaría virtual

Premios extraordinarios bacharelato

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2019/2020.

Poderán acadar estes galardóns, dotados cada un deles con 1.000 euros, un total de 20 alumnas e alumnos. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

O obxectivo é recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estas ensinanzas.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que teña rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso; e que obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

Se precisades máis información podedes facer clic na seguinte ligazón.

Animádevos a participar.