Peticións polo ROU
Xa temos o primeiro programa ("Peticións polo ROU") do noso novo proxecto de radio. Que o gocedes!
Calendario exames convocatoria extraordinaria bacharelato
No arquivo adxunto tedes o calendario de exames correspondente á convocaoria extraordinaria de primeiro e segundo de bacharelato. Moita sorte!
Lugares celebración proba premios extraordinarios bacharelato
Os que ides presentarvos aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-20022 tedes a información relativa aos lugares de realización da proba no seguinte enlace....
Boa sorte!
Axudas Cruz Vermella
Un ano máis, Cruz Vermella continúa ofrecendo apoio ás familias daqueles nenos e nenas que teñan dificultades para adquirir o material escolar ou inclusive os libros de texto, complementando a bolsa da Xunta de Galicia, solicitude imprescindible para optar a esta campaña. As solicitudes recolleranse na Asemblea da Cruz Vermella de Vigo do 20 ó 30 de xuño (non se recollen no instituto).
A documentaciónimprescindible a presentar para facer a solicitude é a seguinte: volante de empadronamento conxunto, Libro de familia, fotocopia do DNI-NIE-PASAPORTE dos adultos, última nómina, certificados de ingresos de tódolos adultos (Seguridade Social, SEPE e Xunta), copia da solicitude de beca e contrato de aluger.
Cruz Vermella só facilitará axudas de carácter material e non terá en conta as marcas específicas.
O club de lectura e as meigas
O Club de Lectura despídese deste curso cunha sesión moi especial
O pasado luns, 6 de xuño, o Club de Lectura tivo a súa derradeira sesión deste ano académico. A lectura que comentamos neste remate de curso foi El secreto de las brujas: La herencia. Foi unha cita moi especial porque contamos, nesta ocasión, coas autoras da novela: Nesa Costas, Antía Eiras e Andrea López. Cada unha delas conta con moitos libros publicados. Estas tres grandes escritoras galegas contáronnos como foi o proceso de escribir unha novela a tres voces e a seis mans. Pasamos realmente unha velada moi amena e agradable, mágoa que ás 16.20 horas, o son do timbre, devolveunos á crúa realidade e tivemos que dicirlles un ata logo a Nesa, Antía e Andrea e, por suposto, tamén ao Roulemos do 2021-2022.
Axudas alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Está aberta a convocaoria para solicitar axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado con necesidades específicas de apio educativo (discapacidade, trastorno grave da conduta ou da comunicación e a linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades).
Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a toda a información necesaria.
Graduacións segundo bacharelato e cuarto ESO
Chega o fin de curso e con él o momento de despedir a algúns dos nosos alumnos. Haberá dous actos de graduación: o de segundo de bacharelato e o de cuarto ESO. Aquí tedes algunha información que pode ser do voso interese:
Graduación segundo bacharelato:
- Día 10 de xuño, ás 17 h.
- Información confidencial: vai actuar Eva Collazo (voz e piano) e o DJ Roi.
Graduación cuarto ESO:
- Día 17 de xuño, ás 18 h.
- Información confidencial: vai actuar o grupo Bees? (xúntase cartel).
Celebración do Día do Libro
Este curso para celebrar o día do libro desde a Biblioteca promoveuse un mercado solidario. Durante unha semana, puidemos intercambiar os libros expostos na Ágora por comida perecedoira que doamos á Asociación de Cáritas de Teís, cuxo responsable nos enviou unha emotiva carta para agradecer esta iniciativa.
Ademais, o club de lectura quixo homenaxear a obra de Cervantes, para o que se pediu, a quen quixese participar, que seleccionase un refrán do Quixote. Incluíronse nun mural todos os refráns escollidos e expúxose na Ágora mentres durou o intercambio de libros.
Novo número de ROULANDO
Sabiamos que estabades esperando con ansia o novo número (o catro xa) da nosa revista ROULANDO. Pois aquí o tedes:
Que o gocedes!
Premios Concurso Literario IES ROU 2022
Este martes, 31 de maio, celebrouse o acto de entrega de premios do Concurso Literario IES ROU 2022, iniciativa do EDNL e Biblioteca. Entregou os galardóns o director. O xurado, formado por Eliseo Martínez, Mar Hospido e Palmira Calvar, decidiu por unanimidade outorgar os premios aos seguintes participantes:
- 1° Premio Narrativa (categoría I): MIGUEL VILA por "O home de negro".
- 2° Premio Narrativa (categoría I): LEO SANTIAGO por "Amor no ocaso do pensamento".
- 1° Premio de Poesía (categoría I): CALEB IGLESIAS por "Os escritos da alma".
- 1° Premio Narrativa (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "A nena espida sobre a neve".
- 2° Premio Narrativa (categoría II): JUAN CARLOS BARROS por "Os misterios da Terra Media".
- 1° Premio de Poesía (categoría II): DANIEL REGUEIRO por "Antoloxía poética".
- 2° Premio de Poesía (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "Os crueis e os namorados".
Parabéns a tod@s os galardoad@s e mais ao resto de participantes por tantísimo talento!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »