Iniciar sesión

Secretaría virtual

Xornada tenis de mesa

Bo día familias

Dende o Concello de Vigo xunto coa Fundación Vide ofértannos unha nova iniciativa consistente nunha xornada de tenis de mesa o vindeiro domingo 27 de novembro pola mañá.

Animámosvos a participar e sobre todo ó alumnado que agora no noso centro está a participar na actividade de TENIS DE MESA

Enviámosvos a información e a ficha de autorización a cumplimentar e esperemos poder ter representación de alumnado do noso centro IES ROU en esta actividade

Un saúdo

Ana Pérez

PRESIDENTA ANPA ROU

Gañadores concurso portas terroríficas

Temos que dar os nosos parabéns ao curso gañador do "I Concurso Portas Terroríficas do IES ROU" que foi o grupo de 4º ESO B.

Aquí tedes as súas portas.                

 

Preparados para unha noite terrorífica

Esta noite chega o medo e no ROU estivemos preparándonos. Neste vídeo tedes unha mostra. Que vos aterroricedes ben! 

Aprendendo en familia

Dende a ANPA ROU queren convidarvos a todas as familias ao Ciclo formativo “APRENDENDO EN FAMILIA”.

 

No arquivo adxunto tedes a presentación do ciclo e a primeira actividade do mesmo: I Curso E-Dixgal para nais e pais de primeiro e segundo de ESO.

 

Na seguinte imaxe tedes o cartel desta primeira actividade.

 

Actividade clases de xadrez

A ANPA do noso centro organiza unha actividade que pode ser de moito interese para vos: clases de xadrez. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a máis información.

Retratando as matemáticas sostibles

Este mes comezamos coa primeira actividade deste proxecto anual e será o alumnado de 1º ESO quen tomará fotografías do Vigo sostible acompañadas de títulos matemáticos con motivo do Día mundial das cidades o 31 de outubro. Cal é a vosa imaxe favorita? Esperamos que sigades a nosa conta e seleccionedes “Gústame” ás mellores fotografías.

Facede clic na imaxe e accederedes. 

Papaventos pola saúde mental

O vindeiro venres 7 de outubro, ás 16 h, terá lugar no noso centro un obradoiro de decoración de papaventos cuxo obxectivo é concienciar sobre o coidado da saúde mental.

Esperamos a vosa participación!

Novidades concurso fotografía

Temos algunhas novidades no "I Concurso de fotografía e frase curta igualdade". Se facedes clic na imaxe poderedes acceder á toda a información.

Actividade pimpón

Se facedes clic na imaxe accederedes á información sobre a actividade de pimpón que organiza a ANPA do noso centro.

 

Calendario escolar 22-23

CALENDARIO ESCOLAR 22-23 ROU

CURSO ACADÉMICO = 1 setembro 2022 ata 31 agosto 2023

CURSO ESCOLAR = 8 setembro 2022 ata 21 xuño 2023 = 178 días lectivos ( a descontar 1 non lectivo )

DÍA NON LECTIVO : 12/10/22, 31/10/22 ( día do ensino ), 1/11/22, 6 e 8/12/22, 28/3/23 ( festivo local), 1 e 17/5/23 

DÍA NON LECTIVO ELEXIDO POLO CENTRO : 27/03/23

PERÍODOS VACACIONAIS : 

  • NADAL : 23/12/22 ata o 6/01/23 , ambos inclusive ( venres e venres)
  • ENTROIDO : os días 20-21-22 / 02/2023 (luns, martes e mércores)
  • SEMANA SANTA : 03/04/23 ata o 10/04/23 , ambos inclusive ( luns e luns)

 As datas de avaliación quedan fixadas segundo a seguinte distribución, atendendo aos períodos vacacionais como datas límite (para ESO e BACH):

1ª Avaliación:

  • ESO e 1º de Bacharelato; 15, 20, e 21 de decembro de 2022.
  • 2º de Bacharelato, 17 de novembro de 2021.

2ª Avaliación:

  • ESO e 1º de Bacharelato; 23, 29 e 30 de marzo de 2022.
  • 2º de Bacharelato, 16 de febreiro de 2022.

3ª Avaliación (ordinaria):

  • ESO e 1º de Bacharelato; 6, 7 , 8 de xuño de 2022 ( segundo instrucións da Consellería)
  • 2º de Bacharelato, 18 de maio de 2022 (a determinar pola CIUGA)

Avaliación extraordinaria

  • Todos os niveis coincidirán nas datas segundo instrucións da Consellería, eliminándose este curso a convocatoria de setembro. As datas das probas finais serán o 19, 20 , 21 de xuño e as avaliacións o 22 e 23de xuño.
Distribuir contido