Iniciar sesión

Secretaría virtual

Programa intercambio alumnado francés

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder ao programa que seguirá o alumnado francés de intercambio.

Os merdeiros no noso centro

Este xoves 16 de febreiro, o EDNL convidou a uns membros da "Asociación etnografica a merdeira" para falarlles do Entroido e da figura do merdeiro á rapazada de 1° da ESO. Falaron do vínculo deste personaxe cos mariñeiros, labregos e burguesia da cidade e do seu sentido no Entroido tradicional. Ao finalizar algúns voluntarios vestiron o traxe e máscara para perseguir os demais e troulear por fóra.

Conmemorando o día da muller e a nena na ciencia

O IES ROU súmase a reivindicación do Día da Muller e a Nena na Ciencia que se celebra o 11 de febreiro con diversas actividades. Así, o alumnado de 1º ESO A asistiu a un obradoiro científico no museo Verbum, nunha actividade proposta polo Concello de Vig onde tomou parte nun pequeno xogo de participación e logo realizou catro actividades científicas. Tamén puido coñecer o traballo de diferentes mulleres científicas na historia e poñer en valor a lingua galega como idioma científico.

Ademais, o alumando de 4º ESO da materia Cultura Científica realizou unha exposición na Ágora do centro sobre mulleres de ciencia, visibilizando o seu traballo, cuxa contribución foi de gran valor e produciuse en desigualdade fronte aos seus compañeiros varóns.

 

Comeza o entroido 2023

Queda pouco para a celebración do Entroido no IES ROU. Seguindo o espirito de sostenblidade e reciclaxe propio da axenda europea 2030, cos seus 17 obxectivos de desenvolvemento sostible, o alumnado do IES ROU está a confeccionar con materiais de reciclaxe procedentes do centro as pantallas do Entroido deste ano. Son tres e a partir do luns 13 de febreiro darán instruccións ao alumnado para ir preparando a festa do vindeiro venres 17 de febreiro.

A escritora Xulia Alonso no noso centro

Este xoves, 2 de febreiro, visitounos Xulia Alonso para charlar co alumnado de Psicoloxía de 2º de bacharelato sobre o seu libro autobiográfico Futuro imperfecto no que relata a propia experiencia da adicción á heroína e coa sida.Falounos do proceso de creación dunha obra tan emocional e honesta, das experiencias persoais e culturais que marcaron a súa xeración, dos tabús da enfermidade, da importancia de poder decidir. A charla organizouna Biblioteca, a profesora de Psicoloxía Mar Hospido e o EDNLG do centro.Tras o coloquio gravamos co equipo da radio unha entrevista que dirixiu a profesora Esther Quinteiro.

 

O noso instituto coa paz

O noso alumnado da ESO,dende as materias de Educación Plástica e visual e Proxecto Competencial, crean un "FLOWER POWER" de materiais de reciclaxe para conmemorar o día internaciónal da PAZ e NON violencia. A elección do símbolo hippie da Paz serve para dar un toque de cor a toda a situación de conflicto internacional.


Loitando pola Igualdade e a Convivencia pacífica e a non discriminación, dende o IES ROU berramos forte ¡NON AOS CONFLICTOS ARMADOS ¡¡VIVA A PAZ!!

Ademais, o alumnado de 1º ESO B (supervisado pola profesora Lorena Torrón) redactou un manifesto pola paz.

Aprendendo en familia: acoso escolar

Seguindo co Ciclo formativo “Aprendendo en familia” desde a ANPA queren invitarvos a unha segunda actividade dirixida a nais e pais. Será sobre o acoso escolar e terá lugar no noso centro o próximo martes 31 de xaneiro ás 16:30.

 

Tedes máis información no documento adxunto.

 

Xornada de portas abertas

No mes de febreiro teremos unhas xornadas de portas abertas nas seguintes datas:

  • Mércores 15 de febreiro ás 17 horas: alumnado de ESO (preferiblemente de primeiro) de centros non adscritos e pais do cole Frian-Teis.
  • Xoves 16 de febreiro ás 17 horas: alumnado de primeiro de bacharelato.

Esperámosvos.

Probas acceso ciclos formativos grao superior

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

Desenvolvemento sostible

Durante o primeiro trimestre, o noso alumnado de 1º de ESO, na materia de Proxecto Competencial, dentro do marco de actividades organizadas polo PLAMBE do centro, "persoalizou" os logos referidos aos 17 OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE da OMS. O resultado está nestas imaxes, cunha obra atractiva visualmente para lembrarnos que esta axenda ata o 2030 e prioritaria para facer deste un mundo mellor.

Como continuidade a este proxecto invitamos a toda a comunidade escolar do IES ROU a seguir os consellos que se indican na seguinte páxina web.

Lembrade que a formación de cidadáns adultos e responsables e tarefa conxunta de todos: docentes, familias e persoal non docente que traballa no centro, e que a mellor ensinanza transversal para o alumnado e "predicar co exemplo".

Distribuir contido