Iniciar sesión

Secretaría virtual

Inglés

Axudas linguas estranxeiras

No arquivo adxunto tedes información sobre as axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras. Animádevos, porque é unha oportunidade excelente para mellorar.

Axudas formación línguas estranxeiras

No arquivo adxunto tedes informacións sobre as axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras. Animádevos, porque é unha oportunidade excelente para mellorar.

Intercambio co Uckfield College

Durante o curso 2019-20 o departamento de inglés do IES ROU está a levar a cabo un intercambio co instituto británico Uckfield College. Durante a semana do 13 ao 20 de decembro, recibimos a alumnos e profesores no noso centro. A pesar do tempo espantoso que nos tocou esa semana, os Británicos mostráronse encantados coa cidade e a acollida do centro e das familias.

Unha vez máis, agradecer ás familias pola colaboración no proxecto e aos alumnos e alumnas e profesoras británicas pola súa positividade frente a choiva, vento, temporal e cicloxéneses varias.

That's the spirit!!!

Deixamos un vídeo que recolle algúns dos momentos que vivimos xuntos.

Exchange Uckfield College & IES ROU from IES ROU on Vimeo.

Recibimento alumnado Uckfield College

Alumnado do noso centro recibiu o pasado venres en Peinador ao grupo de alumnos e profesoras do Uckfield College, de Gran Bretaña. Durante unha semana os alumnos británicos serán aloxados polas familias dos nosos rapaces, dentro do intercambio organizado polo Departamento de Inglés do noso centro.

Durante o sábado, desafiando a chuvia e acompañados polos seus compañeiros de 3º ESO e 1º Bacharelato, visitaron lugares emblemáticos da cidade, como Castrelos ou Samil. O domingo, días coas familias, algúns aproveitaron para achegarse a Portugal.

O luns comezan as actividades no centro, así coma outras visitas de interese, como Santiago ou A Coruña.

Biographies

No seguinte vídeo, alumnado da sección bilingüe de 1º ESO, baixo a coordinación da profesora Palmira Calvar, descúbrenos unhas máis que interesantes biografías. 

Congratulations!!

Recordades que vos informabamos de que dúas alumnas do noso centro presentábanse ao concurso de deletreo interescolar Spelling Bee? Pois os resultados foron francamente bos. Tanto Eva Collazo como Claudia Villar chegaron á fase final, acadando Claudia o segundo posto.

Os nosos parabéns.

Aquí tedes un par de fotos do concurso e outra co premio obtido.

                                   

 

 

 

Concurso Spelling Bee

Esta tarde as alumnas Claudia Villar  e Eva Collazo de 3 ESO, acompañadas pola súa profesora de inglés Palmira Calvar, participarán na XIII edición do  concurso de deletreo interescolar de Vigo.

O concurso celebrarase no Cine Salesianos a partir das 17:30 da tarde.
 
BOA SORTE!
 

Teaching English

Se clicades na icona poderedes acceder ao blog da profe Palmira Calvar, onde atoparedes moitas cousas útiles para mellorar o voso inglés.

 

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

Unha volta por Londres

No vídeo que tedes a continuacion, Sofía, de primeiro da ESO, fainos unha visita guiada por Londres. Esperamos que a disfrutedes!

DESTINATION LONDON! from IES ROU on Vimeo.

Distribuir contido