Iniciar sesión

Secretaría virtual

Intercambio co Uckfield College

Durante o curso 2019-20 o departamento de inglés do IES ROU está a levar a cabo un intercambio co instituto británico Uckfield College. Durante a semana do 13 ao 20 de decembro, recibimos a alumnos e profesores no noso centro. A pesar do tempo espantoso que nos tocou esa semana, os Británicos mostráronse encantados coa cidade e a acollida do centro e das familias.

Unha vez máis, agradecer ás familias pola colaboración no proxecto e aos alumnos e alumnas e profesoras británicas pola súa positividade frente a choiva, vento, temporal e cicloxéneses varias.

That's the spirit!!!

Deixamos un vídeo que recolle algúns dos momentos que vivimos xuntos.

Exchange Uckfield College & IES ROU from IES ROU on Vimeo.