Horario

Horario xeral de clases e de secretaría

HORARIO XERAL DO CENTRO

Horario lectivo.

O horario lectivo está establecido do seguinte xeito:

  • ESO e Bacharelato de 8:45 ata 14:25 de luns a venres e de 16:30 ata 18:10 os martes.
  • Ciclos Formativos de 14:50 ata 21:00 de martes a venres. Os luns de 14:50 ata 21:50 horas.
  • Formación Profesional Básica de 14:50 ata 21:00 horas os luns e martes. É de 14:50 ata as 20:10 os mércores, xoves e venres.
 Ensino   Días  Entrada  Saída
 Educación Secundaria e Bacharelato   De lúns a venres   08:45  14:35 
 Martes   16:30  18:10
  Ciclos Formativos   De martes a venres   14:50  21:00
 Luns   14:50  21:50
  Formación Profesional Básica (1º e 2º curso)    Luns e martes   14:50  21:00
 Mércores a venres   14:50  20:10

 

 Os recreos teñen o seguinte horario:

  • 1º recreo: 10:25 horas a 10:45 horas.
  • 2º recreo: 12:25 horas a 12:45 horas.

 

Horas e condicións de dispoñibilidade de uso das instalacións para o alumnado.

  • O centro permanece aberto de 8:30 a 21:30 horas durante o curso (os luns ata 21:50 horas).
  • O alumnado pode usar as instalacións deportivas así como a Biblioteca que permanece aberta e controlada por profesorado polas mañás (ver horario de biblioteca).

 

Horario de verán.

  • No mes de xullo o centro e as oficinas permanecen abertos ó público de 9 a 14 horas de luns a venres.
  • O horario de apertura durante o mes de agosto é de 10 a 12 horas tres días a semana que serán dados a coñecer no mes de xuño.

 

Horario da Biblioteca

  • No horario figura o profesorado membro da equipa da Biblioteca e as súas horas de garda.
  • Alumnado pode utilizar a biblioteca nos periodos de lecer (cor azul). No resto do horario debe facelo acompañado do profesor/a de aula.

 

 

Distribuir contido