De pé a pa, Último número, Números anteriores, Actividades

I Concurso de Booktrailers

Xa está en marcha o I Concurso de Booktrailers do IES de Pontepedriña. Que non sabes que é un booktrailer? Normal, tanta palabriña en inglés...! Un booktrailer é un vídeo para promocionar un libro, para convencernos de que o leamos...

Podes facer ata tres booktrailers distintos, a única condición é que o libro estea entre os fondos da Biblioteca do instituto e que estea en galego.

Anímate e verás que ben che sae! Para calquera dúbida consulta as bases do sorteo no seguinte enlace.

Cartas de San Valentín

O luns, día 13 de febreiro, remata o prazo para participar no sorteo dunha tarxeta de El Corte Inglés con 100 €. Só tes que escribir unha carta de amor dirixida a algún dos membros da comunidade educativa do instituto. Por suposto, tes que escribila en galego e non pode ser ofensiva nin humillante. Tampouco se establece un tamaño mínimo nin máximo. Pero tes que facela ben porque se non está correctamente redactada non entrará no sorteo.

Veña! Seguro que xa tes o destinatario na mente! E seguro que tes moito que dicirlle!

Mira as bases do sorteo para ver cal é o procedemento para participar e... moita sorte!!!

 

Guía de Lectura para o nadal

Esta é a guía con recomendacións para o nadal feita dende a biblioteca do centro.


 
No adxunto está o arquivo en formato pdf, por si hai algún problema de visualización. Disfrutade da lectura!!

Revista depeapa17

¡Bótadelle un ollo á nova revista! Ven chea de relatos, poesías, entrevistas, artigos varios e moitas fotografías.

 

De Pe a Pa Número 15

Premendo no adxunto pódese acceder a revista "De pe a pa" do curso 2011-2012, coordinada por normalización lingüística

portada

De Pé a Pa 2013

portadarevista

Premendo no adxunto pódese descargar a revista do curso 2012-13

De pé a pa 2011

Preme aquí para descargar a revista

Preme na imaxe para descargar a revista (pdf, 4,55 Mb)

De pé a pa 2010

Preme na portada para descargar a revista en formato pdf (8.56 Mb)

De pé a pa 2009

Portada da revista 2009

Preme na portada para descargar a revista en formato pdf (6.41 Mb)

Distribuir contido