Actividades
Construímos unha charca!!
Enviado por nlucas o Sáb, 03/05/2014 - 08:11Co asesoramento da responsable do proxecto "Charcas con vida" de ADEGA, o pasado mércores 30 de Abril completamos o proceso de construción da nosa charca. Grazas a tod@s.
****
16-Maio-2014 Xa temos bicheria na charca do Chao. De momento larvas de dipteros , de orixe evidentemente aerotransportado. Están ben vivas, como podes comprobar se te achegas á charca,... ou se observas a súa circulación sanguínea, neste vídeo feito no laboratorio:
****
IX Olimpíada de Bioloxía - Fase Galega
Enviado por nlucas o Mér, 29/01/2014 - 07:33Foi na facultade de Bioloxía sa USC o pasado venres 17 de Xaneiro cando se celebrou a fase galega da olimpiada deste ano. Cada un dos 32 centros participantes podía presentar un máximo de 4 candidatos, seleccionados en base ás cualificacións do curso pasado na Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bac. A nosa actual promoción de Bioloxía contaba con aspirantes de sobra, así que houbo que escoller o cuarto participante mediante un sorteo, quedando de suplente unha quinta persoa.
Na foto tendes aos nosos representantes vestidos elegantemente para a ocasión (con pantalón longo e todo), pero hai unha persoa empotrada, que pasaba por alí para saudar. QUEN É O ALIEN? Escollendo o seu nome na seguinte lista saberás o nome do suplente (que non aparece na imaxe)
SCIENTIA o blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Enviado por nlucas o Ven, 21/10/2011 - 09:02Espazo para artigos de ciencia feito polo alumnado de 1º Bac. Colaboran os departamento de linguas, xa que tamén hai entradas en Inglés e Francés.
QUE FRACTALIDADE! Aportación á semana da ciencia de 2010 con motivo da morte de Benoît Mandelbrot: exploración no carácter fractal da pintura de Jackson Pollock.
**
Que fractalidade! : Pollock e Mandelbrot from Nicolás Lucas on Vimeo.
**
Intermareal 2011
Finalmente, tivemos tempo soleado, pero a primeira hora había inversión térmica e a visibilidade na Pedra da Rá non era boa. Ao fondo está o complexo dunar de Corrubedo e a lagoa de Carregal.
ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA
Enviado por nlucas o Lun, 11/04/2011 - 19:29Actividade de campo e laboratorio na Estación de Hidrobioloxía "Encoro de Con" (EHEC) da USC. Martes 29 de Marzo.
4º ESO Intermareal en Aguiño
Enviado por nlucas o Mar, 11/05/2010 - 09:31Localización da zona de traballo en Aguiño
4º ESO B no mirador: contexto xeomorfolóxico
Na praia quedan restos de fuel do Prestige
Carpobrotus é unha especie invasora
Comezo do traballo na zona supralitoral
Continuación na mesolitoral
Na zona mesolitoral inferior a diversidade é superior
Actinia