ANPA

REVALIDAS

 

 

 

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

 

NAIS, PAIS E/OU TITORES DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA:

 

 

 

Desde a directiva da ANPA Amor Ruibal, convocámosvos a unha asemblea extraordinaria coa seguinte orde do día:

 

 

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

 

 

 

Día e Hora: xoves, 20  de outubro de 2016 ás 19,00h. en primeira convocatoria e ás 19:30h. en segunda.

 

Puntos da orde do día:

 

  • Renovación da Xunta Directiva: elección de novos representantes  ou disolución da asociación.

  • Información sobre a LOMCE: REVÁLIDAS, recollida de sinaturas, calendario de mobilizacións, ...

  • Información sobre as actividades de normalización linguística promovidas polo Concello.

 

 

 

Debido á enorme repercusión do tema das reválidas no futuro dos nosos fillos agradecemos a máxima difusión entre as familias e a asistencia á xuntanza. Agardámosvos!

 

OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS

 

OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS

 

 

 

O vindeiro MARTES  18 de outubro, arranca o  obradoiro de artes escénicas  2016-2017, en horario de 15:15 - 16:15.

 

AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR.APÚNTATE

 

A  actividade organizada pola equipa de Dinamización Lingüística e a Anpa e é totalmente  LIBRE E GRATUITA       para tódolos alumnos.

 

Agardámosche,  non deixes  de participar!!!

para anotarse fala coa profesora de galego Maricarme García.

CONVOCATORIA ORDINARIA

 

NAIS, PAIS E/OU TITORES DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA:

 

 

 

Desde a directiva da ANPA Amor Ruibal, convocámosvos a unha asemblea ordinaria seguinte orde do día:

 

 

 

CONVOCATORIA ORDINARIA

 

 

 

Día e Hora: mércores, 05  de outubro de 2016 ás 19,00h. en primeira convocatoria e ás 19:30h. en segunda.

 

 

 

Puntos da orde do día:

 

  • Aprobación, se procede, da  acta da  asemblea anterior.

  • Aprobación, se procede, das contas 2015-16 e orzamento previsto para o curso 2016-17

  • Renovación da Xunta Directiva: elección de novos representantes

  • Avaliación do Obradoiro de teatro: votación sobre a súa continuidade .

  • Inicio do curso: Libros,  organización dos curso, dotación de profesorado, obras. Toma de decisións se procede

  • Rogos e preguntas

 

 

COLABORA CON NÓS.

 

FAITE SOCI@  PARTICIPA NO CURSO 2016/2017

 

 

 

Quixeramos lembrarvos que a cota de socio/a é de 20€  por familia, podendo realizarse o pagamento en prazos ou adiarse a calquera momento do ano escolar  en curso. Polo que vos rogamos que vos asociededes para facer oír a vosa voz. Os acordos poden cambiarse participando nas xuntanzas e opinando arredor das decisións tomadas.

 

 

 

Nº conta: IBAN : ES 50 3070 0035 2161 0542 1629 (Santiago Guayaquil nº 1)                                              Cota 20€

 

CAIXA RURAL GALEGA

 

BOLETÍN DE INSCRICIÓN

 

Nai/pai, titor-a, Dna/D………………………………………………………………….………………………………………………………………….

 

Rúa…………………………………………………………...................…………….Nº……………..Portal………….….Piso….....

 

C.Postal………..………..Poboación…………………......……..………………….Concello………………………….......………..

 

 

 

DATOS D@ ALUMNADO

 


Nome


Apelidos


Curso


 


 


 


 


 


 

 

 

 

Tfno……......………………………………………..Móbil.......…...……………………………………………………………………

 

e-mail……………………..................…………………………………………………………………………………………………..

 

……................………………………………………………, a…...........de………………………………………….do  20.............

 

O/A, pai/nai, titor/a  (sinatura)

 

Os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro da ANPA IES PONTEPEDRIÑA  para para fins de comunicación e divulgación de temas relacionados coa educación do seu fillo/a.  Vostede ten dereito de acceso, oposición, rectificación e cancelación destes datos que deberá exercer mediante escrito a  anpa.pontepedrina@yahoo.es. 

 

(Selo do Banco)                                                                                                                        (Exemplar para Buzón da ANPA)

 

 

 

Fondo Solidario e Cheques

O IES PONTEPEDRIÑA

INFORMA:

  • QUE AS ADXUDICACIÓNS DOS LIBROS CONCEDIDOS PARA 1º E 3º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA POLA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO SEU PROGRAMA DE PRÉSTAMO, NON PODERÁ SAÍR ATA O DÍA 15 DE SETEMBRO.
  • A dirección do IES é coñecedora dos problemas que este feito produce nas familias (non saben cantos libros teñen concedidos, nin cales son), pero non é responsabilidade do Centro. Son as instrucións que da a Consellería e é imposíbel xerar ningún listado na aplicación correspondente.
  • A día 12 de setembro o único que podemos publicar son as listaxes provisionais de admitidos. *

Agardamos podan desculpar as molestias ocasionadas.

 * Poden consultar esta listaxe premendo nesta LIGAZÓN

 

 

SANTIAGO, 12 DE SETEMBRO DE 2016

LIBROS DE TEXTO

 

NAIS, PAIS , TITORES e ALUMNOS DO IES PONTEPEDRIÑA:

 

 

 

Estimados pais/nais/titores e alumn@s do IES Pontepedriña: lémbrase que os alumnos de 1º e 3º ESO que aproben en xuño PODERÁN DONAR os libros de texto que NON foron adquiridos co cheque ao persoal docente o día 27de xuño no momento da entrega das notas. Os libros entregados serán repartidos de maneira solidaria polo centro  entre os novos alumnos de 1º e 3º.

 

Os alumnos con materias pendentes para SETEMBRO poderán facelo tamén  o día da entrega das notas de setembro.

 

Posteriormente a Dirección daralle traslado a ANPA, unha relación co nome e número de libros doado por cada alumno, que pasará a formar parte dunha “LISTA PREFERENTE”, de tal xeito que no vindeiro banco para o curso 2017/18 teñan prioridade á hora de retirar libros, xunto cos socios da Anpa. PEDIMOS A VOSA COLABORACION E PARTICIPACION en esta entrega solidaria, que fará posible que no futuro continúe funcionando o sistema de banco de libros.

 

Lembrade, que a ANPA traballa pola gratuidade universal dos libros no ensino público.

 

Para calquera dúbida podedes dirixir as vosas consultas ao seguinte correo:  anpa.pontepedrina@yahoo.es

 

PORTAS ABERTAS BALONMAN

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA FUNDACION SECRETARIADO XITANO

CHARLA EDUCACION SEXUAL

 

 

 

O próximo martes,7 de xuño ás 18:00h, na Biblioteca pública de Santiago, na Avda Xoán XXIII,  terá lugar a conferencia EDUCACIÓN SEXUAL PARA UNHA EDUCACIÓN EN IGUALDADE E DIVERSIDADE.

 

Esta conferencia, organizada conxuntamente polo Concello de Santiago de Compostela e a Federación de ANPAS de Compostela, vai dirixida a nais e pais é consistirá nunha sesión de dúas horas con profesionais especializados que tratan de reflexionar sobra a inclusión das diversidades sexuais dende as familias.

 

Educar na igualdade e na diversidade non sempre é cousa sinxela, pero a Educación Sexual perfílase como unha ferramenta eficaz que permite entender a diversidade dos sexos e as súas interaccións, para así construír relacións sans, igualitarias e facer as vivencias de cada quen positivas. O obxectivo deste encontro é que cada un/ha de nós atopemos as chaves para educar ás nosas crianzas do xeito que cremos mellor.

 

A entrada é libre e non precisades inscribirvos, pero se queredes traer ás vosas crianzas, para as que teremos organizado un servizo de ludoteca, necesitamos sabelo de antemán. Podedes comunicalo a anpascompostela@gmail.com       

 

 

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

 

INFORMACION AOS PAIS/NAIS/TITORES E ALUMNADO

 

LIBROS DE TEXTO PARA O  CURSO 2016/2017

 

Estimados pais/nais/titores e alumn@s do IES Pontepedriña: como xa moitos de vós coñecedes, ao longo destes últimos anos veu funcionando con razoable resposta pola vosa parte o BANCO DE LIBROS da ANPA.

No presente curso  implantouse  en 1º e 3º ESO a nova Lei de Educación  (LOMCE), motivo polo cal houbo que renovar case a totalidade dos libros de texto. O vindeiro curso implantarase en 2º e 4º ESO, polo que, do mesmo xeito, se prevé a total renovación  dos libros.

Por este motivo, vaise dar unha circunstancia excepcional no funcionamento do BANCO, en colaboración co centro educativo:

Os alumnos de 1º e 3º ESO PODERÁN DONAR os libros que NON foron adquiridos co cheque ao persoal docente cando rematen as clases. Loxicamente non poderán recibir LIBROS do BANCO a cambio, pois os  de 2º e 4º serán de nova adquisición. Os libros entregados serán repartidos de maneira solidaria polo centro  entre os novos alumnos de 1º e 3º.

Posteriormente a Dirección daralle traslado a esta ANPA, unha relación co nome e número de libros doado por cada alumno, que pasará a formar parte dunha “LISTA PREFERENTE”, de tal xeito que no vindeiro banco para o curso 2017/18 teñan prioridade á hora de retirar libros, xunto cos socios da Anpa.

Facemos, polo tanto, un CHAMAMENTO Á VOSA COLABORACION E PARTICIPACION en esta entrega solidaria, que fará posible que no futuro continúe funcionando este sistema. Lembrade, así e todo, a ANPA traballa pola gratuidade universal dos libros no ensino público.

Para calquera dúbida podedes dirixir as vosas consultas ao seguinte correo:  anpa.pontepedrina@yahoo.es

 

 

 

Distribuir contido