Bioloxía e xeoloxía, Orientacións didácticas, Anuncios, Información sobre o departamento, Actividades

Alumni: charla de orientación na vida universitaria

Alumni, a comunidade de participantes na Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) organizan un Encontro científico (ECOEB) que este ano levouse a cabo  en Santiago  unha semana antes da fase nacional da OEB en Vigo. Coincidindo coa súa estancia en Santiago ofertáronse unhas actividade de educación non formal no marco da iniciativa Youth Science. Viñeron a Pontepedriña Mar Iglesias e Gemma Martínez, nun encontro co alumnado de segundo de bacharelato sobre orientación na vida universitaria, aproveitando que faltaba só unha semana para que Tania participase na nacional.  (pdf da presentación aquí).

A charla tivo moi boa acollida, tal como se pode comprobar na imaxe. Aproveitamos para felicitar a Mar, cunha comunicación gañadora no VI ECOEB  sobre o virus Zika.

logo 

Charla Pontepedriña 

 ECOEB
     

London again

Estivemos outra vez en Londres, era febreiro e moita calor non ía. Todavía está Dippy na nave central do Natural History Museum  (parece que en 2017 van sustituílo polo esquelete dunha balea azul), pero non se poideron ver moitos máis dinosaurios porque só por un día pillamos pechada esa sección do NHM. Finalmente non houbo posibilidade de participar na actividade para grupos escolares 'Rock the house', pero naturalmente si fixemos a foto de rigor con Mr. Darwin.

No Science Museum estaba a exposición temporal de Leonardo, pero hai tantas opcións nas salas permanentes que non da tempo a máis nada. Repetimos tamén o tour de John Snow polo Soho revisitando os escenarios da famosa investigación sobre a epidemioloxía do cólera (pero non tivemos novas adicionais da John Snow Society). Malas noticias dos museos de Greenwich: suprimiron a tarifa de grupos escolares para a visita ao observatorio histórico.

Polo demais, todo ben.

Tedes o enlace ás fotos no curso "Pontepedriña goes to London" na nosa Aula Virtual (pódese entrar como convidado)

 

NHM Darwin Greenwich
   
 John Snow  Russell
   
Assyrian Sesostris Monumental

 British Museum.- Relevo e escritura cuneiforme asiria tallado en xeso. A circulación de auga polas gretas e precipitación de material disolto ilustra o principio de relacións cruzadas.

 Estatuas de Sesostris III esculpidas na tonalita porfídica de Asuán. Presenta fenocristais de feldespato claramente orientados.  "Granito monumental" do plutón de Asuán. Gran groso, porfídico con fenocristais de feldespato potásico rosa. Con este mesmo material está construída o obelisco situado en Enbankment (Cleopatra's Needle).
     
     

mc2: Os MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O día 17 de Febreiro repetimos con Bac1 na Domus a actividade de Laboratorio Aberto "Investiga a vacina do VIH" (podes ver máis detalles no comentario do curso pasado aquí).

Aproveitamos a viaxe para que o alumnado de 3º ESO visitase as exposiciónS (e o documental 3D) na DOMUS,  e máis o AQUARIUM FINISTERRAE.

Lab1 Lab2  Lab3 
     
Camiño do Aquarium    

Marcelino camiño do Aquarium con alumnas de 3º ESO

   

Héctor: o regreso (1)

HÉCTOR RODRIGUEZ  é doutor en Enxeñería Química e Ambiental;  como investigador pasou anos fóra -"máis alá de Arzúa" segundo soubemos-  e volveu do estranxeiro por medio do programa Ramón y Cajal, de xeito que está de regreso na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, a súa alma mater. Ademais, é un antigo alumno do IES Pontepedriña  con quen retomamos o contacto  o pasado curso con motivo da celebración do 25 aniversario do insti.

El é tamén  un dos relatores das charlas temáticas que a USC ofrece  durante o presente curso aos centros de Ensino Medio no seu programa A Ponte, así que nos apresuramos a solicitar a súa charla A necesidade de andar separando: procesos de separación na industria quimica. E efectivamente veu, foi o pasado xoves 28 de  Xaneiro, o regreso a Pontepedriña. Aqui estivo explicando de modo asequible o fundamento destas técnicas nas que é especialista, como a utilización de líquidos iónicos para a separación de compoñentes na biomasa. Comentou o papel que estes progresos na enxeñería química poden ter no aumento das nosas opcións para utilizar os recursos dun modo máis sostible. E houbo espazo para  máis   a partir de preguntas que se lle fixeron sobre estudios universitarios, e sobre aspectos máis personais da súa carreira e da maneira de ver as cousas.

Instruir deleitando, non só moi interesante senón  tamén divertido: fixádevos nas caras do público de primeiro e segundo de bacharelato na foto da esquerda. A ver se podemos contar coa súa presencia en máis ocasións.

Hector 1
   

XI Olimpíada de Bioloxía

Parabéns para  TANIA PENAS IGLESIAS, gañadora na Fase

Autonómica Galega da XI Olimpíada de Bioloxía.

Un ano máis son as mulleres as que arrasan en ciencia, particularmente

en Bioloxía: temos unha campioa pero foron catro as olímpicas que participaron

nas probas o pasado venres 16 de Xaneiro.

 

participantesolbio

 

 Imaxe das participantes na olimpiada Carlota Pazos, Tania Penas, Paula Pais, Sofía Rendo

Bos resultados nas PAAU 2015

Entre o alumnado do curso pasado houbo bos resultados nas probas de acceso á universidade. A propia institución  dentro do seu  "Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"  organizou un acto de recoñecemento aos mellores expedientes das PAAU 2015. No seu sitio web estas as fotos de  Ángela Dono Caramés, Elba García Hermida e Ekaterina Ovchinnikova no escenario do Auditorio de Galicia mostrando o seu diploma.

Angela_Acto-USC   Elba-Cathy_acto-USC
   
 Angela dono con Bárbara

Pódese premer nas fotos para velas un pouco mellor.

En toda a colección de imaxes oficiais deste acto, só hai unha dos asistentes tomada de cerca: a de Ángela. Ben se lle ve o aspecto de estudante aplicada, así que aproveitamos para insertala xunto coas outras.

   

Charla-coloquio con Ángel Carracedo

Por fin chegou a esperadísima charla do célebre profesor e investigador Ángel Carracedo. Foi o 30 de Abril, o día grande das celebracións dos 25 anos do instituto, e resultou magnífica. Relatou os avances recentes en xenómica e en farmacoxenética, especialidades nas que o seu grupo de investigación realiza  importantes contribucións. Tampouco faltaron as anécdotas da especialidade de medicina legal;  ademais brindou uns personais consellos ao alumnado -particularmente dirixidos a quenes se poderían adicar a estudos de ciencias da saúde ou a investigación en biomedicina.

O interese espertado foi moi grande, as preguntas no coloquio parecían non ter fin (especialmente por parte do alumnado de 1ª Bac) de modo que, tras case dúas horas connosco, houbo de escapar a correr para chegar ao resto de compromisos da mañán (pedimos desculpas ao seu alumnado de Medicina, pois seguramente chegou tarde). Sempre será unha honra para nós contar coa súa presencia.

Charla Carracedo Carracedo - coloquio
   

 

 

Intermareal 2015

Aproveitamos a marea do luns 20 de Abril, que era a última baixamar boa que nos quedaba neste curso (ainda que a hora da seca veu un pouco xusta para facer o traballo de campo con tranquilidade). No clásico percorrido pola lagoa de Vixán tomamos esta foto de grupo. Este ano acompañounos Alba, unha alumna do máster de profesorado (á de dereita con camiseta vermella). Máis fotos na galería.

O grupo en Vixán

4º ESO viaxa a Londres

Unha vez máis o departamento de Inglés organizou a viaxe a Londres, adiantada este ano á última semana de Febreiro. Situamos o foco na área científico-Tecnolóxica, xa que o profesorado acompañente volvía ser destas especialidades.

> Realizamos actividades no Natural History Museum e no Science Museum. Tamén pasamos polo Royal Observatory en Greenwich, ainda que nesta ocasión a Galería de Tempo e Lonxitude estaba moi minguada sen os famosos cronómetros navais de Harrison (acababa de rematar unha exposición especial ao respecto).

> O itinerario máis turístico tivo como núcleo os materiais, a arquitectura e a enxeñería no contexto do desenvolvemento histórico da cidade dende 1800; foi deseñado tomando como eixe o río e as súas pontes.

> Organizamos tamén un  itinerario seguindo os escenarios do brote de cólera  de 1854 no barrio do Soho, no que un médico local chamado John Snow realizara unha investigación que se considera  a fundación da epidemioloxía. O proxecto, que comenzara con actividades previas realizadas no instituto, non se puido completar co encontro con representantes da John Snow Society, pese a que os contactos estaban en marcha (veremos que pasa noutra ocasión).

                                                                                                                                                 
Grupo en Southbank infrared  
O grupo completo, no percorrido arredor do Támesis  Anxa e Nico  retratados coa cámara térmica do Science Museum. Tal como nos vería 'Predator'  
     
John Snow - the pump St James church  
O coche oculta o emprazamento orixinal da bomba do pozo contaminado no brote de cólera de 1854. Hai que visitar o pub para poder chegar a ser membro da John Snow Society.  Na Iglesia de St. James comezaba o percorrido. No edificio da sacristía  reuníronse os notables de parroquia por iniciativa de John Snow e decidiron retirar a asa da bomba  
     
 Darwin no NHM Cocoon 
 No Museo de Historia Natural, a estatua de Darwin foi unha vez máis o punto de encontro Centro Darwin do MHN:  mentres  os de bioloxía facían unha somnolenta visita ás exposicións de evolución, Adela, Mar e Andrea defendían o seu traballo na Olimpiada de Filosofía  
     
Flamsteed House Cleopatra's needle
Sala octogonal da antiga casa dos astrónomos (Flamsteed House) no Real Observatorio de Greenwich Xusto á dereita, non visible na foto, atópanse os indicios dunha bonita historia ferrolán. 

 Estas son unha poucas, máis imaxes aquí

 

Investigando a vacina do VIH

Por terceiro ano participamos en actividades do proxecto educativo europeo Xplore Health. Este curso o "Laboratorio Aberto" na Domus ofertaba unha nova actividade: "Investiga a vacina do VIH". Trabállase coa ferramenta clave en biotecnoloxía, as enzimas de restrición, que permiten cortar o ADN en puntos concretos. E despois separamos os fragmentos de ADN mediante electroforese en xel.

Así que  o alumnado de Bioloxía de 1º Bac achegouse até A Coruña; foi o 23-F, unha data salientable na historia recente deste país...

Preparando as pipetas Introducindo as mostras de ADN no tubo coa enzima de restrición
 Preparando as pipetas  Mesturando en tubos os compoñentes da reacción: enzima de restrición na solución tampón, engádense as mostras de ADN
   
 Tap gently with your finger Sacudimos suavemente co dedo  
 'tap gently with your finger'  
   
 
Cargando os pociños de electroforese A correr polo xel!
   

 

Tinguido do ADN  Observando os resultados

 

 

Distribuir contido