Información xeral, Oferta educativa, Organigrama, Consello escolar, Equipo directivo, ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Localización, Horario, Comisións, Transporte escolar, Historia, Seccións bilingües, Infraestruturas

Percorrido polo centro

Vista panorámica do centro

A continuación podes facer un percorrido visual polo noso centro, e así coñecer as nosas instalacións. De feito, xa estás vendo, enriba destas liñas, o exterior que se pode apreciar ao chegar pola entrada principal, na Rúa Amor Ruibal.

Antes de entrar, xa que estamos fóra, imos visitar as dúas pistas de deportes. A primeira, que tamén aparece na foto anterior, podes vela algo mellor aquí:

A segunda pista de deportes é estoutra:

Ao entrar temos un amplo hall, con tres protagonistas. Un, que tamén está presente no resto do centro, é a luz

Outro é o enorme e fermoso cadro feito por Xosé Luis de Dios:

O terceiro protagonista son as escaleiras que dan acceso ás plantas superiores, e que nos teñen servido de platea en diversos actos multitudinarios celebrados no centro:

No percorrido polas aulas comezaremos polas de informática, pois unha das apostas máis firmes que estamos a facer no noso afán de acadar un ensino de calidade é a utilización cotiá das novas tecnoloxías nas actividades educativas.

Temos as tres aulas que podes ver nestas imaxes:

Ademais, temos seis aulas dotadas con encerados dixitais interactivos, sen contar as cinco aulas do proxecto Abalar:

Outras aulas específicas do noso centro son o laboratorio de idiomas:

a aula de música:

os talleres de plástica (temos dous):

o taller de tecnoloxía:

o laboratorio de química:

[]

o laboratorio de física:

e o laboratorio de bioloxía e xeoloxía:

Outras dependencias que tamén vos amosamos con orgullo son a nosa biblioteca:

a sala de usos múltiples:

ou a aula de audiovisuais:

[]

E esta é unha aula ordinaria calquera

Nesta imaxe vedes a sala de profesorado

E nestoutra a nosa cafetería. Non é moi grande, pero nos recreos ten moito ambiente (e uns bocatas grandes e deliciosos):

De todos os xeitos, ademais de que nos quedaron uns cantos espazos sen amosar, ningunha destas imaxes reflicte o que para nós é o máis valioso do noso instituto: a calor das relacións entre a xente que vimos todos os días. Porén, se queres coñecela só tes unha forma: vén a visitarnos. Estaremos encantados de recibirte.

Young Business Talents

 

Guía de Lecturas para o Verán 2017

 

Guía de Lecturas Vacacións de Verán 2017

 

                                                                                        Preme para agrandar e gardar ou imprimir                                                           

 

                                                                                           Preme para agrandar e gardar ou imprimir

IV Olimpiada de Filosofía Galicia

Laura Rey gañadora certamen fotográfico

 

 

Listaxes provisionais de admitidos e admitidas para o curso 2017-18

 

O IES A Pontepedriña publica as listaxes provisionais de admitidos e admitidas para o curso 2017-18.

Os alumnos e alumnas procedentes dos centros adscritos (para Educación Secundaria o CEIP de Os Tilos e o CEIP Ramón Cabanillas; en Bacharelato os Centros Públicos Integrados Prurilingües de Vedra (Vedra), Antonio Orza ( Boqueixón) e Fonte-Diaz ( Touro) e os Centros Privados Concertados Prurilingües San Pelayo e San José de Cluny de Santiago de Compostela), teñen todos praza no centro, así como os alumnos e alumnas que actualmente cursan estudos no IES A Pontepedriña.

Os alumnos e alumnas que optaron ás vacantes a través do proceso de admisión son os que figuran nas listaxes que se relacionan.

Para 2º de E.S.O. non existe lista de admitidos e admitidas por non existir vacantes. Estos alumnos e alumnas deberán esperar o prazo de asignación subsidiaria.

 

III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE

CARME URRUTIA GONZÁLEZ-FIERRO, DO IES A PONTEPEDRIÑA, FOI A GAÑADORA DO III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE.

 

        Carmen Urrutia, do IES A Pontepedriña (primeira pola esquerda) gañou  o III Certame literario Relatos de Auga Intelixente, organizado por Viaqua, na categoría de ESO, co seu relato “ Un balde de auga”. Este traballo foi  coordinado pola profesora do Departamento de galego, Mari Carme García Ares.

 

         Aqui aparece coa outra vencedora da categoria de Bacharelato e segundas clasificadas, no acto que se celebrou no concello para recibir os seus premios. Este acto estaba presidido polo edil de Educación e contaba coa presencia do director de Viaqua, Julio Masid, de membros da Corporación Municipal en representación de todos os partidos políticos e do xurado do premio.

 

         A este premio presentáronse 561 relatos de alumnos e alumnas de toda Galicia.

O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate

Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000000624 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000000608

O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate

Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000001435 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000001419

Estaremos na fase final que terá lugar en Santiago o día 6 de maio.

 

      O equipo formado por Víctor López Sayáns, Carmen Aguilera Paredes, Desirée Mosquera Penas, Xoán Domínguez San José, Carla Gómez Beiroa, Sofía Sánchez-Brunete Facal e César Queijeiro Suárez, está preparado polas profesoras Mariló Lagarón e Carme García.

 

 

A temática sobre a que tiveron que debater os sete equipos participantes foi:

 

“Debemos acoller as persoas refuxiadas”

 Na fase final o tema sobre o que debatirán será:

“O futuro da lingua está na mocidade” 

 

Relación de vacantes para o curso 2017-2018

Descarga o docuemento PDF na seguinte ligazón:

PINCHA AQUÍ

Equipo directivo

  • Director: Francisco Javier Dapena Castro
  • Xefe de estudos Educación Secundaria e Bacharelato: Xosé Neiro Ramos
  • Secretaria: Rosa Aldrey Villar
  • Vicedirectora: María Jesús Vázquez Pérez
  • Xefa de estudos Ciclos Formativos: Xoán Soto Mariño
Distribuir contido