Actividades realizadas

Actividade náutica. Curso 2018-19

Dentro das actividades programadas polo departamento de Educación Física o alumnado de 3º de ESO participou nunha actividade náutica organizada en colaboración coa Asociación Terra de Outes e o Club Náutico O Freixo. galería de fotos.

CONGRESO SOBRE A EMIGRACIÓN GALEGA

Entre os días 8 e 11 de maio o IES cede as súas instalacións á asociación Terra de Outes, que organiza un congreso sobre a emigración galega con ocasión da publicación do libro "De Outes a S. Telmo" do emigrante de Outes na Arxentina Domingo Sendón.

No patio central do IES permanecerá a exposición "LUCES DE ALÉN MAR. AS ESCOLAS DE AMERICANOS EN GALICIA" durante os días que dura o congreso.

A inauguración terá lugar o mércores 8 de maio ás 19 horas. Galería de fotos.

 

 

Viaxe a Andorra. Curso 2018-19

O alumnado de 4º de ESO participa na tradicional semana da neve en Andorra.

 

Reflexións sobre a película Campeones

Vídeos do programa Salvados adicado á película Campeones. Están subidos ao servidor do centro, polo que só poden verse en ordenadores do IES.

VII SEMANA CULTURAL 2018-2019

Este é o programa da VII Semana Cultural do IES POETA AÑÓN, que se celebrará entre o mércores 20 e o martes 26 de marzo.

CONCURSO DE BIBLIOTECA

O SEGUNDO CONCURSO DESTE TRIMESTRE XA ESTÁ AQUÍ CUN LEMA QUE PODE INSPIRAR AOS MÁIS PESIMISTAS

"YES WE CAN"

CONCURSOS DE BIBLIOTECA

 

No IES Poeta Añón propoñémovos combater o frío do mes de febreiro, cunha serie de concursos na biblioteca.

O primeiro comezará o próximo luns de 11 de febreiro en torno a longametraxes sobre discriminación tanto racial, como por discapacidade ou orientación sexual.

      

 

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2018-19

Continuando coas reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Prevención da violencia de xénero. Luns 4 de febreiro ás 18:30 horas.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro do proxecto "Somos diferentes, somos iguais" no que traballamos este curso abordamos actividades que poñen de manifesto a existencia da persecución que sofren moita persoas por motivos de xénero.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos", axentes da Garda Civil informarán sobre a "Violencia de Xénero" ao alumnado nas seguintes datas:

CONTRA A DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE XÉNERO

En colaboración con Amnistía Internacional presentamos ao alumnado a persecución que sofren moitas persoas por motivo da súa orientación sexual. galería de fotos.

Na exposición que estará exposta no centro do 8 ao 24 de xaneiro presentanse algúns dos casos con máis repercusión que tiveron lugar en África.

Powered by Drupal - Design by artinet