Xefatura

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO DA ESO CURSO 2019/2020

Exames extraordinarios de materias pendentes de cursos anteriores. ESO

A semana do 18 ao 22 de maio serán os exames para o alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores sen superar antes destas datas.

No ficheiro adxunto podedes ver a data e a hora de cada exame.

Serán realizados de forma telemática, polo que alumnado deberá estar atento as comunicacións do profesorado indicando como acceder aos mesmos o día da proba.

FAMILIAS CON CARENCIA DE MEDIOS INFORMÁTICOS E/OU TELEMÁTICOS

Posto que o peche do centro parece que se vai prolongar máis do previsto inicialmente necesitamos coñecer que familias non dispoñen de medios axeitados para que o alumnado poda realizar e entregar traballos desde o seu domicilio.

Aínda que algúnhas tarefas simples poden realizarse co móbil non resulta útil para a presentación de traballos máis elaborados nin para estudar todas as materias nunha pantalla tan reducida. Hai ademáis tarefas que simplemente non se poden realizar co teléfono móbil.

INSTRUCIÓNS PARA A AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Publicamos o resumo das Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre.

FORMACIÓN A DISTANCIA DURANTE O PERÍODO DE PECHE DO CENTRO

Durante o tempo no que o alumnado non poda asistir ao centro empregaremos as seguintes vias para o envio e seguimento de tarefas.

PROTESTA POLA DISCRIMINACIÓN DO PROFESORADO NAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS ADOPTADAS

En atención ás medidas excepcionais ditadas pola Consellería de Educación, o profesorado do IES Poeta Añón decidiu  comunicar o seguinte:

Axudas para formación en linguas estranxeiras no ano 2020

No portal da Consellería de Educación está publicada a convocatoria para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020. acceso.

Prazo de presentación do 27 de febreiro ao 26 de marzo.

Reunión inicial coas familias. Curso 2019-20

A presentación do curso 2019-20 para as familias do noso alumnado será os días indicados.

Na reunión do luns para o alumnado de 1º e 2º explicaremos o funcionamento de proxecto de libros dixitais (E-Dixgal) e resolveremos as dúbidas que teñades sobre o mesmo.

Inicio de curso en Educación Secundaria de Adultos. Curso 2019-2020

O vindeiro luns 23 de setembro ás 20:00 horas será a presentación para o inicio do curso 2019-2020 en Educación Secundaria para Adultos.

INICIO DE CURSO. 2019-2020

Seguindo as instrucións recibidas dos servizos de inspección educativa comezaremos o curso 2019-20 o luns 16 de setembro co horario normal do centro: de 8,25 a 14,05 e de 16,20 a 18,00 na sesión de tarde.

Pedimos desculpas ás pesoas que contaban coa xornada de presentación e acollida de cursos anteriores pero a recepción destas instrucións obriga a este precipitado cambio.

 

Powered by Drupal - Design by artinet