Actividades realizadas

Diversidade sexual na adolescencia: un obradoiro con Eli Ríos

Co gallo da celebración do día da biblioteca a semana do 21 ao 24 de outubro haberá actividades organizadas pola biblioteca do concello de Outes ás que asistiremos os centro escolares.O mércores 23 o alumnado de 3º e 4º de ESO do IES participará na actividade coa escritora Eli Ríos na que se abordará a diversidade sexual, a pornografía, as relacións consensuadas e o amor na adolescencia. Galería de fotos.

Taller de reciclaxe 1º DE ESO

 

O  alumnado de 1º de ESO participou nun obradoiro de reciclaxe de botellas reconvertidas en lámparas, no marco do proxecto "Outes por un futuro sostible".

Unha visión sobre Mozambique

O mércores 2 de outubro o alumnado de 3º de ESO do IES participou nunha conferencia que impartiu o técnico de finanzas da Associação Nacional dos Municípios de Moçambique (ANAMM), Onofre Muianga, que está de estadía en Outes participando nun programa de cooperación. Esta charla estivo coordinada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes.

Reunión inicial coas familias. Curso 2019-20

A presentación do curso 2019-20 para as familias do noso alumnado será os días indicados.

Na reunión do luns para o alumnado de 1º e 2º explicaremos o funcionamento de proxecto de libros dixitais (E-Dixgal) e resolveremos as dúbidas que teñades sobre o mesmo.

OUTES CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Este é o lema escollido para desenvolver no IES ao longo do curso 2019-20.

Como unha das actividades participamos na xornada de protesta internacional do venres 27 de setembro contra o cambio climático coa elaboración de carteis e lectura dun manifesto reivindicativo. Voz de Galicia.

Dentro do grupo internacional de centros da rede CLIMÁNTICA colaboramos na elaboración dun vídeo reivindicativo. Facebook de CLMTK.

Charlas de SOGAMA

O xoves 26 de setembro recibimos a visita de persoal de SOGAMA para lembrarlle ao noso alumnado a necesidade dunha recollida selectiva de residuos e o procesamento que realiza na planta de Cerceda.

ESCOLA DE FAMILIAS: 3ª reunión. Curso 2018-19

Como remate das reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Sexualidade e diversidade sexual na adolescencia. Martes 11 de xuño de 18 a 20 horas.

Será impartida por Paula Fernández Rico, traballadora social, sexóloga e técnico de Quérote +. Lecturas coeducativas recomendadas.

Xornadas de acollida. Curso 2019-20

Un ano máis realizamos as xornadas de acollida para facilitar o acceso do alumnado de 6º de EP do colexio adscrito ao IES.

Teremos unha reunión coas familias para explicar as características dos novos estudos e o funcionamento do centro e tamén recibiremos dentro do horario lectivo ao alumnado de 6º para que coñezan as instalacións e as actividades que realizamos durante o curso.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EP: LUNS 3 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.

Visita do alumnado de 6º de EP: MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 10,30.

CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

No ano 2019 celebramos o 150 aniversario do descubrimento da Táboa Periódica dos Elementos Químicos por Dimitry Mendeleiev. Para celebrar esta conmemoración, a UNESCO declarou 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos.

No marco desta celebración, a Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela organiza o concurso de carteis “A Táboa Periódica e Galicia”, que pretende divulgar entre o alumnado de Secundaria, Ciclos Formativos e BAC de Galicia a relevancia dos distintos elementos químicos na vida diaria.

Os tres traballos presentados polo alumnado do IES foron seleccionados entre os 30 carteis que serán expostos na facultade de Química a partir do 24 de maio.

Tántalo, o ouro gris. 3ºA.    Volframio. 3ºBRadon, un perigoso descoñecido. 4º

Éxito de participación: El Correo Gallego. Foto1. Foto2. Galería de fotos.

Actividade náutica. Curso 2018-19

Dentro das actividades programadas polo departamento de Educación Física o alumnado de 3º de ESO participou nunha actividade náutica organizada en colaboración coa Asociación Terra de Outes e o Club Náutico O Freixo. galería de fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet