Animación á lectura

HOLAR DE LER 2020_2021

Aquí podedes consultar o calendario para levar acabo a actividade da Hora de Ler ó longo do primeiro trimestre.

Podedes atopar enlaces de lecturas dixitais no BLOG da biblioteca (tendes o enlace no directorio da dereita)

Boas lecturas a tod@s!

LECTURAS PARA O CONFINAMENTO

Estes días a lectura pode ser unha maneira de escapar da túa casa e visitar un montón de sitios...entra nos enlaces que te propoñemos e escolle destino.

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". Miguel de Cervantes Saavedra.

 

HORA DE LER 2º TRIMESTRE

O próximo martes 14 de xaneiro retomaremos a actividade da HORA DE LER.

As lecturas programadas polo Equipo de biblioteca consistirá en dous cofres para lectura individual e repartirase da seguinte forma:

HORA DE LER- RECURSOS ON LINE

Aquí tedes recursos para atopar lecturas on line, para a actividade da Hora de Ler:

   

Lecturas en castelán

Ciudad Seva

Biblioteca Cervantes

Leer libros

Libros maravillosos

Cuentos

Historias cortas

Biografías

Cuentos (1ºCICLO)

PRENSA



Lecturas en galego

Galiciana

Rede de bibliotecas de Galicia

GALICIA LE

 

PRENSA

 

 

 

CONCURSO DÍA DO LIBRO

Anímate a participar no concurso de recomendacións de lecturas.

Podes participar dende o xoves 16 ata o martes 21 de abril, ou ben na biblioteca en formato papel, ou ben neste enlace.

O xoves 23 de abril, día mundial do libro entregaranse os premios.

SAMAÍN NA BIBLIOTECA : atravesando "as fronteiras do medo"

31 de OUTUBRO: día en que as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos se dilúen. Máis de un seguro que non logrou pegar ollo nesa noite tras correr a tupida cortina negra da biblioteca e enfrontarse as criaturas do máis aló  escoitando o relato que nos tiña preparado Alba. 

Para quen non tivo o valor de traspasar esa liña que nos separa do mundo do descoñecido, deixámoslles o que se perderon:

Click to play this Smilebox slideshow
 
 

HOMENAXE A FRANCISCO AÑÓN

Estamos de celebración!

Xustamente hoxe, 9 de outubro de 2012, cúmplese o bicentenario do nacemento do poeta que dá nome ó noso centro e que é considerado un dos precursores do Rexurdimento: FRANCISCO AÑÓN PAZ.

Sumándonos ós actos conmemorativos que están a ter lugar no concello de Outes, desprazámonos á Casa da Cultura para asistir a un recital poético-musical no que Brais fixo de fantástico mestre de cerimonias e no que, ademais da rapazada do IES, contamos coa participación do Club de Lectura de San Lourenzo, alumnado do CP Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo e as corais do Freixo e da Serra de Outes dirixidas pola experta man de Domingo Barreiro, ex-profesor de música no noso instituto.

Grazas a todos eles por achegarnos á figura e á poesía do escritor de Boel.

 

OS POEMAS DE AÑÓN

Xa que andamos metidos de cheo no programa de actividades conmemorativas do BICENTENARIO do nacemento de Francisco Añón, non vén nada mal achegarse ós seus versos. Xa sabemos que a poesia non é "santo da vosa devoción" pero tedes que intentalo e veredes como levades unha grata sorpresa.

Para que o teñades máis doado, ofrecémosvos unha pequena escolma dos seus poemas nas tres linguas en que escribiu .

QUE A GOCEDES!

COÑECES A VALENTÍN?

Este foi o título da orixinal presentación que SERAFÍN MARCOS fixo da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas:

VALENTÍN PAZ ANDRADE.

VISITA Ó CRD de VALADARES

Nesta semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º de ESO tivo ocasión de visitar o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas (CRD)

de Valadares - Outes-.

Powered by Drupal - Design by artinet