Orientación

Blog do Departamento de Orientación

Pinchando neste enlace podedes acceder o blog do Departamento de Orientación. Aquí atoparedes materiais e información relacionada coa acción titorial, orientación académica, información para familias...            Enlace

ESCOLA DE FAMILIAS: 3ª reunión. Curso 2018-19

Como remate das reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Sexualidade e diversidade sexual na adolescencia. Martes 11 de xuño de 18 a 20 horas.

Será impartida por Paula Fernández Rico, traballadora social, sexóloga e técnico de Quérote +. Lecturas coeducativas recomendadas.

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2018-19

Continuando coas reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Prevención da violencia de xénero. Luns 4 de febreiro ás 18:30 horas.

ESCOLA DE FAMILIAS. Curso 2018-19

Poñemos en marcha a Escola de Familias para o curso 2018-19. Como no ano anterior faremos unha reunión por trimestre nas que trataremos de mellorar o noso coñecemento sobre temáticas que nos permitan axudar aos nosos fillos.

A primeira reunión terá lugar no IES Poeta Añón o vindeiro luns 5 de novembro ás 19 horas.

Nestas sesión do primeiro trimestre trataremos un tema de vital importancia no momento actual "Videoxogos, xogos online e apostas na rede. Unha visión práctica e humana dos problemas do xogo nos adolescentes".

Probas libres para obtención do graduado en ESO para maiores de 18 anos

Publicada a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. acceso web CEOU.

PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. Curso 2016-17

No seguinte enlace podedes acceder ao calendario para solicitar ciclos formativos para o curso 2016-17. enlace

 

OPTATIVAS LOMCE

Nesta páxina podes ver de que tratan algunhas das materias optativas que poderás escoller en 4º de ESO.

 Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional.

Cultura Científica.

 

Powered by Drupal - Design by artinet