Taboleiro

CUESTIONARIO PARA O SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2019

 

No marco da Estratexia Galega de Convivencia escolar 2015-2020 todos os membros da comunidade educativa participamos no ano 2015 nunha enquisa para efectuar unha avaliación inicial da convivencia nos centro educativos.

 

PROCESO DE ADMISIÓN. Curso 2019-20

 Listaxe de alumnado admitido no centro unha vez rematado o proceso de reserva de praza.

O proceso de admisión e matrícula para o curso 2019-20 está regulado polos seguintes documentos:

Actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2019.

Publicase no DOG do día 20 de febreiro a Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Cartel informativo desta convocatoria.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Como cada dous anos temos que proceder á renovación de todos os sectores que compoñen o Consello Escolar. RESOLUCIÓN 28 09 2018

FONDO DE LIBROS. Curso 2018-19

Listaxe provisional de admitidos no fondo de libros para o curso 2018-19.  enlace

Hai dous días para efectuar reclamacións contra esta lista.

O día 14 de setembro publicaranse as listas definitivas.

LIBROS DE TEXTO. Curso 2018 - 19

LISTADO OFICIAL DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19. Enlace

 Temos APROBADA a inclusión no programa de libros dixitais, EDIXGAL polo que non é necesario mercar ningún dos libros de 1º de ESO que se indican na lista de libros.

EXAMES DE SETEMBRO. Curso 2017-18

Nos seguintes enlaces poden consultarse as datas e horas dos exames de setembro para ESO e para Educación Secundaria de Adultos.

Calendario de exames de setembro para ESO. enlace

Calendario de exames de setembro para ESA. enlace

FONDO DE LIBROS - AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2018-19

O pasado día 21 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 9 de maio de  2018 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2018

No DOG do día 8 de febreiro saiu publicada a Orde do 22 de xaneiro de 2018, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. acceso a web.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo.

Probas libres para obtención do graduado en ESO para maiores de 18 anos

Publicada a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. acceso web CEOU.

Powered by Drupal - Design by artinet