Deixamos no ficheiro adxunto unha pequena guía de lecturas e películas seleccionadas de entre as últimas novidades adquiridas pola biblioteca do centro.
BO NADAL e FELICES LECTURAS!!
Deixamos no ficheiro adxunto unha pequena guía de lecturas e películas seleccionadas de entre as últimas novidades adquiridas pola biblioteca do centro.
BO NADAL e FELICES LECTURAS!!
Como xa saberedes, dende o curso pasado, a biblioteca do centro en colaboración co Departamento de orientación estivo dotando a zona de pais do IES cunha sección de Escola de Pais, que pretende achegar materiais de interese sobre educación de adolescencentes.
Para celebrar o día enchemos a centro de novidades editoriais. Podes velas nesta guía e logo pasar pola biblioteca para levalas a casa.
Agora que estamos a piques de iniciar unha época que invita aos excesos, dende a biblioteca seleccionamos uns cantos libros e cómics que abordan a temática da alimentación dende distintos puntos de vista, uns máis literarios e outros máis científicos.
Todos os materiais que aparecen nesta guía están dispoñibles para levar a casa neste Nadal así que non esquezades pasar pola biblioteca para facer o préstamo.
BOAS VACACIÓNS E QUE GOCEDES COAS LECTURAS!!
BO NADAL E BOAS LECTURAS!!!
Da man de Gustavo Fuentes Lois, alumno de 1º ESO, chéganos unha recomendación de lectura. Trátase da obra poética do seu tío, Gustavo A. Lois Dosil, xa falecido, publicada no libro "ANSIAS DE VENTO" (1996) , gañador do premio María Soliño.
25-NOVEMBRO: IES POETA AÑÓN no teatro con PEMENTEIRAS.
Hoxe 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, achegámonos á Casa da Cultura de Outes invitados polo CIM (Centro de Información á Muller) do Concello para asistir á representación da obra "PEMENTEIRAS".
Deixamos na presentación de arriba algunhas imaxes dunha actividade que invitou á reflexión e á concienciación de toda a comunidade escolar.
Aproveitamos tamén para compartir con vós unha escolma de libros e películas -en relación con esta temática- elaborada polo equipo de Biblioteca.
Xa que este ano a biblioteca do centro nos propón explorar o mundo do CINE, propoñémosvos o visionado de algunha das películas incluídas na guía que aquí deixamos para conmemorar o Dia Escolar pola Paz e a Non violencia (galería). Lembrade que todos os títulos que suxerimos están a vosa disposición na biblioteca.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |