25 NOVEMBRO -e todo o ano- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25-NOVEMBRO: IES POETA AÑÓN no teatro con PEMENTEIRAS.

Hoxe 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, achegámonos á Casa da Cultura de Outes invitados polo CIM (Centro de Información á Muller) do Concello para asistir á representación da obra "PEMENTEIRAS".

Deixamos na presentación de arriba algunhas imaxes dunha actividade que invitou á reflexión e á concienciación de toda a comunidade escolar.

Aproveitamos tamén para compartir con vós unha escolma de libros e películas -en relación con esta temática- elaborada polo equipo de Biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet