Dinamización L. Galega

Proxecto Outear: 1º Premio Antonio Fraguas

Páxina do proxecto.

Galería de FOTOS.  acceso

 

Financiado pola fundación

Antonio Fraguas

O proxecto: OUTEAR. enlace

Museo do Pobo Galego Presentación da exposición

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O sábado 16 de novembro, as 13 horas, inaugurouse nas instalacións do Museo do Pobo Galego a exposición do material elaborado durante o proxecto. Estará ata mediados de decembro.

No seguinte enlace podedes ver o libro cos resultados do traballo: enlace

Na galería pódense ver as fotos da exposición no Museo do Pobo Galego: enlace

I SEMANA CULTURAL do IES: Encontro con XOSÉ NEIRA VILAS e con MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xa estamos metidos de cheo na celebración da I Semana Cultural, coincidindo coa conmemoración das Letras Galegas.

Onte acudimos á Casa da Cultura de Outes para escoitar a voz de XOSÉ NEIRA VILAS e para celebrar con el o 50ª aniversario de MEMORIAS DUN NENO LABREGO. O escritor de Vila de Cruces falou para o alumnado dos dous colexios do concello, do instituto e tamén para os usuarios do CRD de Valadares, e respondeu ás súas preguntas lembrándolles que para escribir "DÉBESE DE LER MOITO E LER BEN".

NEIRA VILAS co alumnado do IES POETA AÑÓN

Neira Vilas, sempre cercano ó público máis novo, rematou este encontro coa mocidade de Outes asinando ducias de exemplares dos seus libros. Podedes ver algunhas imaxes do evento neste enlace.

Espello Deportivo en OUTES

Este xoves 10 de abril comenzou en Outes o programa "Espello Deportivo" enlace

Despois da presentación do Sr Alcalde, o medallista paralímpico Juan Antonio Saavedra e o actor Rubén Riós presentaron a todo o alumnado do IES esta interesante iniciativa na Casa da Cultura do Concello. Aquí tedes un enlace coas fotos do evento na páxina pública en facebook  enlace

GAÑADORAS DO CONCURSO: "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

 Xa temos gañadoras do concurso sobre Añón. MIRANDA e CLARA de 1º ESO demostraron ser as rapazas mellor coñecedoras do poeta e as máis hábiles á hora de buscar información sobre a súa vida e obra e sobre a ápoca na que viviu. NORABOA ÁS DÚAS!!.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

VOCABULARIO ESPECIALIZADO

Neste enlace podedes acceder aos glosarios e vocabularios especializados elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.  enlace

CONCURSO: que sabes de FRANCISCO AÑÓN?

Para seguir coñecendo mellor ó poeta que dá nome ó noso centro, a biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística invítanvos a participar no concurso:

QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?

 

Estas son as bases:

  • Pode participar todo o alumnado de ESO diurno de xeito individual ou por parellas.
  • Cada día ás 10.10, aparecerá na porta da biblioteca unha pregunta relacionada coa vida, obra ou a época do Poeta Añón. Disporedes de 24 horas para atopar a resposta (consultando os paneis expostos no patio do IES, os trípticos sobre o autor ou as distintas fontes de información dispoñibles na biblioteca) e depositala na furna que hai ó carón da porta da biblio. Ó día seguinte publicarase a solución e tamén unha nova pregunta.
  • Serán un total de 5 preguntas. Con cada acerto acádase 1 punto.
  • De existir un empate entre varios participantes, estes seguirían concursando con máis preguntas ata ter un gañador.
  • O premio consistirá nun LIBRO ou nun CD musical a escoller polo equipo finalista.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

OS POEMAS DE AÑÓN

Xa que andamos metidos de cheo no programa de actividades conmemorativas do BICENTENARIO do nacemento de Francisco Añón, non vén nada mal achegarse ós seus versos. Xa sabemos que a poesia non é "santo da vosa devoción" pero tedes que intentalo e veredes como levades unha grata sorpresa.

Para que o teñades máis doado, ofrecémosvos unha pequena escolma dos seus poemas nas tres linguas en que escribiu .

QUE A GOCEDES!

Día das Letras Galegas 2013

A Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas 2013 á figura de Roberto Vidal Bolaño. Coñecido pola súa actividade teatral, tamén o podes lembrar por participar en diversas series televisivas, como Mareas vivas. Aquí tes información sobre este dramaturgo.

Concesión do premio Antonio Fraguas

O día 29 de xuño foron entregados os premios da VIII edición dos Proxectos didácticos Antonio Fraguas. Na sala Baltar do Museo do Pobo Galego os responsables dos centros gañadores recolleron o premio, dotado con 7000 € para desenvolver o proxecto presentado. Os gañadores:

Modalidade de primaria: "Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial", do CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño (Pontevedra)

Modalidade de secundaria: "Outear", do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña).

Powered by Drupal - Design by artinet