Formación de usuarios

GUÍA DE COMO PRESENTAR TRABALLOS ESCRITOS

GAÑADORAS DO CONCURSO: "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

 Xa temos gañadoras do concurso sobre Añón. MIRANDA e CLARA de 1º ESO demostraron ser as rapazas mellor coñecedoras do poeta e as máis hábiles á hora de buscar información sobre a súa vida e obra e sobre a ápoca na que viviu. NORABOA ÁS DÚAS!!.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

CONCURSO: que sabes de FRANCISCO AÑÓN?

Para seguir coñecendo mellor ó poeta que dá nome ó noso centro, a biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística invítanvos a participar no concurso:

QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?

 

Estas son as bases:

  • Pode participar todo o alumnado de ESO diurno de xeito individual ou por parellas.
  • Cada día ás 10.10, aparecerá na porta da biblioteca unha pregunta relacionada coa vida, obra ou a época do Poeta Añón. Disporedes de 24 horas para atopar a resposta (consultando os paneis expostos no patio do IES, os trípticos sobre o autor ou as distintas fontes de información dispoñibles na biblioteca) e depositala na furna que hai ó carón da porta da biblio. Ó día seguinte publicarase a solución e tamén unha nova pregunta.
  • Serán un total de 5 preguntas. Con cada acerto acádase 1 punto.
  • De existir un empate entre varios participantes, estes seguirían concursando con máis preguntas ata ter un gañador.
  • O premio consistirá nun LIBRO ou nun CD musical a escoller polo equipo finalista.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Traballos realizados no PROXETO INTERDISCIPLINAR (1º ESO)

O alumnado de 1º de ESO traballou duramente dentro da materia de Proxecto Interdisciplinar coa idea de convertirse en investigadores autónomos, eficientes e respetuosos cos dereitos de autor. Hai que dicir que algúns se esforzaron máis que outros, pero de calquer xeito, todos tiveron a posibilidade de aprender a buscar información válida e contrastada, de organizala e de darlle o formato axeitado.

Powered by Drupal - Design by artinet