Actividades realizadas

ANTROIDO 2012

Reparto gratuíto de froita. Curso 2011 - 12

Este curso volvemos a participar no programa financiado con fondos europeos para repartir froita de forma gratuíta para todo o alumnado. O obxectivo deste programa e fomentLogo CEEar unha alimentación máis saudable entre os nosos escolares.

Este ano temos aprobadas tres semanas, distribuidas ao longo do curso, para o reparto de froita.

Comezamos a semana do 7 ao 11 de novembro e volveremos nos meses de febreiro e marzo. Durante este tempo esperamos que estes hábitos sigan nas casas para que a campaña poda ter éxito.

Xa estamos en febreiro e do 6 ao 10 froita en todos os recreos. E na casa tamén!

MURAL pola PAZ

O pasado luns, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non violencia elaborando o mural que vedes nas imaxes. Cada unha das mans / plumas da pomba contén unha breve "receita" co segredo para construir entre todos a paz na nosa vida cotiá, no noso día a día. Aquí van algunhas das ideas escritas polos rapaces e rapazas do IES Poeta Añón. TOMEMOS NOTA!.

ROCK in TINES 2011

 Para todos aqueles que non puidestes asistir á primeira edición do Festival ROCK in TINES, aquí tedes unha presentación fotográfica, resumo dos momentos estelares. O auditorio da Casa de Cultura de Outes quedou pequeno para acoller a todo o público que se achegou ata alí para ver e escoitar aos "artistasos" do IES Poeta Añón.

UN JRAN CONSIERTO que esperamos poder repetir!!

ROCK in TINES 2011

O venres día 16 de decembro o alumnado do IES celebrará un festival musical na Casa da Cultura do Concello de Outes as 19:30 horas.

A entrada terá un custo de 3€ para axudar a financiar a excursión do alumando de 4º de ESO. Contamos coa vosa participación neste gran espectáculo.


"Una medicina al servicio de la sociedad"

O martes día 22 teremos no IES Poeta Añón ao Dr. José Ignacio Carro Otero que impartirá unha conferencia titulada "Una medicina al Servicio de la Sociedad".

Esta conferencia está enmarcada nas actividades complementarias que tratamos de organizar todos os anos para completar a formación relacionada coa saúde do noso alumnado. Isto é posible grazas a colaboración entre a Diputación de A Coruña e a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia que permite achegar a experiencia de grandes profesionais en diversos campos da saúde ao alumnado dos centro escolares de Galicia.

Nesta ocasión temos a sorte de poder contar co propio Presidente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia que presentará ante o alumnado de 3º e 4º de ESO a problemática de diversas patoloxías con incidencia no ámbito escolar. O Dr. Carro é un contrastado docente e conferenciante poseedor dun gran número de premios e condecoracións a nivel nacional e internacional. Esta experiencia acumulada desde os anos 70 como profesor titular, e máis tarde Director del Departamento de Anatomía, da facultade de Medicina de Santiago xunto a súa dilatada experiencia como conferenciante en 14 paises é unha garantía do éxito da actividade que realizamos este martes.


Carreira popular El Correo en Santiago

Un ano máis participamos na Carreira Pedreste Popular organizada por El Correo Gallego en Santiago. No seguinte enlace podedes ver a clasifiación e algunha foto.  enlace

Noraboa para todos/as os participantes.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES. TERCEIRO TRIMESTRE 2010-11

No seguinte enlace pódense consultar as AAEE do terceiro trimestre.  enlace

VIAXE A NEVE 2011

 

 

O alumnado de 4º de ESO, viaxou a Andorra na semana do 29 de xaneiro ó 5 de febreiro.

Powered by Drupal - Design by artinet