Actividades realizadas

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis no mes de novembro afondamos co alumnado na prevención da violencia de xénero. Concretamente o día 22 o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha actividade organizada polo CIM de Outes contra a violencia sexual. Moitas grazas pola colaboración para tratar de mellorar o coñecemento sobre esta lacra que sofre a nosa sociedade e que esperemos que sirva para erradicala.

ESCOLA DE FAMILIAS. Curso 2018-19

Poñemos en marcha a Escola de Familias para o curso 2018-19. Como no ano anterior faremos unha reunión por trimestre nas que trataremos de mellorar o noso coñecemento sobre temáticas que nos permitan axudar aos nosos fillos.

A primeira reunión terá lugar no IES Poeta Añón o vindeiro luns 5 de novembro ás 19 horas.

Nestas sesión do primeiro trimestre trataremos un tema de vital importancia no momento actual "Videoxogos, xogos online e apostas na rede. Unha visión práctica e humana dos problemas do xogo nos adolescentes".

Día da Biblioteca

Para celebrar o Días da Biblioteca hoxe asistimos á Casa da Cultura do Concello de Outes para que o noso alumnado participara no espectáculo Mundo Máxico 3.0.

Grazas á Biblioteca de Outes pola invitación e seguiremos colaborando polo fomento da lectura. Galería de fotos

 

Reunión inicial coas familias.Outubro de 2018

A presentación do curso 2018-19 para as familias do noso alumnado será os días indicados. No apartado "titorías", a esquerda desta páxina, tedes os titores de cada grupo e a hora de atención ás familias.

Luns 8: Alumnado de 2º de ESO   Haberá unha presentación por parte do equipo directivo, seguida pola reunión cos titores de cada grupo.
    19:00 horas
Mércores 10: Alumnado de 3º e 4º de ESO  

XORNADAS DE ACOLLIDA.

Un ano máis realizamos as xornadas de acollida para facilitar o acceso do alumnado de 6º de EP do colexio adscrito ao IES.

Teremos unha reunión coas familias para explicar as características dos novos estudos e o funcionamento do centro e tamén recibiremos dentro do horario lectivo ao alumnado de 6º para que coñezan as instalacións e as actividades que realizamos durante o curso.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EP: LUNS 4 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.

ALUMNADO DO CEIP DA SERRA DE OUTES: mércores 13 de XUÑO.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS. CURSO 2017-18

Como en cursos anteriores realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos e así formalicen unha matrícula acorde aos seus intereses.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: LUNS 21 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: LUNS 28 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

ESCOLA DE FAMILIAS: 3ª reunión. Curso 2017-18

Dentro do programa Escola de Familias organizamos en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a actividade "Alimentación saudable na adolescencia".

Terá lugar no IES Poeta Añón o martes 24 de abril ás 18,30 horas.

A charla será impartida por Lidia Folgar, Graduada en Nutrición humana e dietética e Máster de condicionantes genéticos, ambientais e nutricionais para o crecemento e o desenvolvemento. Autora de varios libros:"Aprender a comer solo", "La salud en tu plato". Semifinalista de Masterchef en 2016 e moi activa en redes sociais, con mais de 11,000 seguidores en Instagram.

Pensamos que é unha charla interesante que pode aclararnos moitas dúbidas sobre un tema fundamental para a saúde polo que vos animamos a participar.

VI SEMANA CULTURAL

Do 9 ao 13 de abril celebraremos no IES a VI semana cultural co seguinte programa:    galería de fotos

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2017-18

Continuando coas reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Uso responsable das novas tecnoloxías. Luns 5 de marzo ás 18:30 horas.

PLAN PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

Dentro das actividades programadas para a mellora da convivencia do centro teremos dúas charlas para todo o alumnado do centro na que abordaremos o tema relacionado con consumo de drogas e alcohol.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos", axentes da Garda Civil informarán ao alumnado nas seguintes datas:

Mércores 28 de febreiro ás 10:30: para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Luns 5 de marzo ás 16:20: para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Este programa nos permite desde hai varios anos abordar co alumnado temas de gran importancia desde un punto de vista complementario á visión que podemos abordar os docentes.

Este ano incluimos no programa a actividade para as familias "Uso responsable das novas tecnoloxías" que se inclue nas actividades da Escola de Familias que iniciamos este curso.

Powered by Drupal - Design by artinet