Actividades realizadas

VISITA A SOGAMA- 4º ESO

O mércores 5 de febreiro dentro da programación de actividades de "Outes por un futuro sostible", o alumnado de 4º de ESO, visitou o Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda.

Alí comprobamos de primeira man a necesidade de reciclar máis e mellor.

 

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2019-20

LUNS 17 de febreiro ás 18,30 horas.

Nesta segunda xornada trataremos o tema das Redes sociais e a relación co acoso escolar. Será impartida por membros da Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos no que o IES participa desde hai varios anos.

Plan Director. Curso 2019-20

Estas actividades será impartida por membros da Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos.

Martes 11 de febreiro ás 12,25, alumnado de 3º e 4º de ESO: Problemas relacionados co consumo de alcol e drogas.

Luns 17 de febreiro ás 16,20, alumnado de 1º e 2º de ESO: Redes sociais e acoso escolar.

CLUB DE DEBATE

Por iniciativa dos equipos de Dinamización de Lingua Galega de varios concellos (incluído o concello de Outes) se organiza un torneo de debate entre o alumnado 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato co obxectivo de favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera nas xornadas de debate). Os contidos que se traballan principalmente teñen que ver coas habilidades comunicativas e a oratoria, mais tamén é necesario un proceso

ESCOLA DE FAMILIAS. Curso 2019-20

Poñemos en marcha a Escola de Familias para o curso 2019-20. Como en anos anteriores faremos unha reunión por trimestre nas que trataremos de mellorar o noso coñecemento sobre temáticas que nos preocupan a todos.

A primeira reunión terá lugar no IES Poeta Añón o vindeiro xoves 21 de novembro ás 18,30 horas.

O lema de traballo escollido polo centro para este curso é "Outes por un futuro sostible". Neste contexto, na sesión do primeiro trimestre trataremos o tema "Emerxencia climática: redución de uso de plásticos. Que podemos facer dende casa?".

Sensibilización contra a violencia de xénero

Dentro das actividades propostas polo CIM do concello de Outes Montse Fajardo estará o vindeiro 21 de novembro no IES coa charla “Invisibles: falamos da violencia machista a través do relato das vítimas”, que xirará entorno ao seu libro Invisibles, relatos do maltrato, que veu a luz en novembro de 2017.

Esta actividade está financiada con fondos procedentes do Pacto de Estato contra a violencia de xénero e forma parte dun programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra ás mulleres. IMAXE DA ACTIVIDADE

DEPORTE INCLUSIVO

En colaboración coa Fundación Misela organizamos unha xornada de deporte inclusivo na que o alumnado de 2º de ESO de IES participou en actividades que lle permitiu valorar as dificultades que deben vencer a diario as persoas con algún tipo de discapacidade. GALERÍA DE FOTOS,

Talleres de reciclaxe de 4º de ESO

Os últimos en subirse ao carro da reciclaxe foron os alumnos e alumnas de 4º de ESO, cun taller de reciclaxe de chapas.

Talleres de reciclaxe de 3º de ESO

O alumnado de 3º de ESO participou nun taller de reciclaxe de bolsas de plástico.

Talleres de reciclaxe de 2º de ESO

O alumnado de 2º de ESO participou nun taller de reciclaxe de CDs.

Powered by Drupal - Design by artinet