CLUB DE DEBATE

Por iniciativa dos equipos de Dinamización de Lingua Galega de varios concellos (incluído o concello de Outes) se organiza un torneo de debate entre o alumnado 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato co obxectivo de favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera nas xornadas de debate). Os contidos que se traballan principalmente teñen que ver coas habilidades comunicativas e a oratoria, mais tamén é necesario un proceso de documentación sobre o(s) tema(s) dos debates que achega nocións, datos e argumentos. Teñen tamén moita importancia no deseño do programa o fomento do pensamento crítico, da tolerancia fronte á diversidade de opinións e o traballo en equipo.

Este luns 20 de xaneiro será o primeiro encontro no que participarán 10 alumnos de 3º de ESO e 10 de 4º de ESO do IES.

Powered by Drupal - Design by artinet