NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro do proxecto "Somos diferentes, somos iguais" no que traballamos este curso abordamos actividades que poñen de manifesto a existencia da persecución que sofren moita persoas por motivos de xénero.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos", axentes da Garda Civil informarán sobre a "Violencia de Xénero" ao alumnado nas seguintes datas:

Luns 4 de febreiro ás 16,20: para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Mércores 6 de febreiro ás 10,25: para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Este programa nos permite desde hai varios anos abordar co alumnado temas de gran importancia desde un punto de vista complementario á visión que podemos aportar os docentes.

Introducimos no programa unha charla para as familias que se inclue nas actividades da Escola de Familias deste curso. Terá lugar o
luns 4 de febreiro ás 18,30 horas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet