Skip to Content

Taboleiro

Cursos de capacitación dixital para persoas adultas

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro incorporouse recentemente á Rede Galega de Educación Dixital da Comunidade Autónoma de Galicia. Un dos obxectivos desta plataforma é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. 

Unha das accións formativas que vai promover o noso centro dentro da Rede Galega de Educación Dixital é un curso de 30 horas de duración. O curso vai dirixido a persoas adultas, preferentemente maiores de 55 anos. Desenvolverase nas aulas de informática do IES Pintor Colmeiro. O alumnado que participe recibirá unha formación dirixida á adquisición de competencias dixitais básicas en ámbitos tales como o manexo do correo electrónico, a navegación por internet ou o uso seguro dos dispositivos móbiles.

O curso é subvencionado polo Fondo Social Europeo, polo que é totalmente gratuíto. Ao remate conseguirase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar 30 horas asociadas a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo nacional de Cualificacións profesionais (IFC748_2)

Cada curso atenderá un mínimo de 15 e un máximo de 20 persoas. O primeiro deles desenvolverase neste mes de setembro. O horario das clases será de tarde e cada curso terá unha duración de 10 días.

A inscrición pode realizarse de calquera destas tres vías:

  • Nas propias oficinas do centro, en horario de 9:00 a 14:00.
  • Telefonicamente (986580904). 
  • Por correo electrónico, escribíndonos ao enderezo ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.gal. Os datos que precisamos para a inscrición provisional son apelidos e nome, data de nacemento e un teléfono de contacto.

Matrícula CUALE 23/24

Aínda quedan prazas libres!!

O alumnado interesado en prepararse para as probas da Escola Oficial de Idiomas dos niveis A2 e B1 pode matricularse no programa CUALE dende o 11 de setembro ata o 18 de setembro (ambos incluídos).

O impreso de matrícula está dispoñible en Secretaría.

  • CUALE A2 para o alumnado de 4º ESO.
  • CUALE B1 para o alumnado de Bacharelato, ciclos e alumando que xa teña o certificado A2.

O horario das clases é o seguinte :

  • A2: mércores, de 16:00 h a 18:30 h (inicio das clases: 20/09/2023)
  • B1: luns, de 16:00 h a 18:30 h (inicio das clases 18/09/2023)

Inicio do curso 2023/2024

O inicio da actividade lectiva correspondente ao curso 2023/24 desenvolverase de acordo a este calendario:

  • Día 11/09/2023, ás 8.50 h: inicio da actividade lectiva para o alumnado de ESO e FPB.  O servizo de autobús funcionará con normalidade.
  • Día 11/09/2023, ás 13.00: inicio da actividade lectiva para o alumnado das ensinanzas de bacharelato.  IMPORTANTE: o alumnado de bacharelato non accederá ao recinto ata a hora indicada, co fin de non entorpecer o desenvolvemento da primeira xornada lectiva.
  • Día 11/09/2023, ás 16.00 h: ensinanzas para persoas adultas.
  • Día 12/09/2023, ás 11.00 h: 2º curso do ciclo medio de FP. 
  • Día 12/09/2023, ás 12.00 h: 1º curso do ciclo medio de FP. 

O horario lectivo xeral do centro para este curso será o seguinte (alumnado de ESO, bacharelato e FPB):

  • Entrada: 8.50 h.
  • Primeiro recreo: de 10.30 h a 10.50 h.
  • Segundo recreo: de 12.30 h a 12.50 h.
  • Saída: 14.30 h.
  • Os xoves hai clase pola tarde entre as 15.50 h e as 17.30 h.

O alumnado da ESO ao que se adxudicaron libros de texto do fondo solidario recibiraos no propio centro durante os primeiros días de clase. 

O centro está a traballar nas listaxes de alumnado por grupos e materias. O día 9 de setembro darase a coñecer a través de Abalar o grupo ao que queda adscrito cada estudante.

 

Fondo solidario de libros de texto 2023: listaxes e vales

O día 12 de xullo de 2023 estarán dispoñibles as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na participación do fondo solidario de libros de texto. As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo.

No artigo 13 da Orde de 10 de maio de 2023 establécese que todas as listaxes serán publicadas "única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar". Polo tanto, a devandita documentación só pode consultarse nas dependencias do centro ou por vía electrónica na aplicación Fondolibros, usando Chave 365 ou o certificado dixital.

Os vales de material escolar poden retirarse das oficinas do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro a partir do día 12 de xullo.

Os libros de texto entregaránselles ao alumnado no inicio de curso, é dicir, a partir do 11 de setembro.

Remate de curso [2022/23] | Matrícula [2023/24]

Calendario de fin de curso [2022/2023]: aquí.

Matrícula ESO e Bacharelato [2023/2024]:

Prazo. Entre o 23 de xuño e o 10 de xullo de 2023.

Procedemento de entrega de documentación. Ofrecemos dúas posibilidades:

  • Presencial. Entre 9.00 h e 13.30 h.
  • Telemática. Toda a documentación poderá remitirse ao enderezo electrónico matricula@iespintorcolmeiro.org

Esta é a documentación que empregaremos para realizar a matrícula do alumnado que cursará ESO e bacharelato no 2023/24. Nota/ O impreso de matrícula de cada curso e o documento de consentimento do uso da imaxe son editables (pode cubrilos desde o seu ordenador).

Que documentos hai que entregar? Moi sinxelo:

O impreso de matrícula correspondente + consentimento do uso da imaxe + copia DNI/NIE do alumnado (a copia do DNI só se require para 1º ESO ou para alumnado de nova incorporación ao centro).

Nota/ Pode asinar os PDF sen necesidade de imprimilos, mesmo incorporando unha sinatura "manuscrita". Máis información nesta ligazón.

Preinscrición CUALE 2023/24

Un ano máis o IES Pintor Colmeiro vai solicitar a Consellería de Educación a impartición do progama CUALE – Inglés para o vindeiro curso.

Vas cursar 4º ESO e queres conseguir o certificado A2? Xa tes o nivel A2 e queres conseguir o B1? Estarás en ciclo ou Bacharelato e queres certificar o B1?

Aquí tes o formulario de preinscripción. Tamén podes recoller o impreso en Secretaría.

Prazo: ata o 10 de xullo

Se necesitas máis información acerca do programa CUALE: https://view.genial.ly/5efa64dda91a2e0d1ceb54d5/presentation-programa-cu...

Admisión a ciclos formativos [2023/2024]

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2023/2024.  

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas comezará o 23 de xuño ás 9 horas e prolongarase ata o 5 de xullo ás 13 horas.

A solicitude deberá realizarse mediante un asistente informático vía web para todos os réximes e graos [ciclosadmision]. 

Información de interese:

  • Web da Dirección Xeral de Formación Profesional [aquí].
  • Admisión a ciclos de grao medio [aquí].
  • Admisión a ciclos de grao superior [aquí].
  • Instrucións xerais de admisión [aquí].
  • Información xeral para centros [aquí].
  • Orde do 15/06/2016, pola que se regula a admisión a ciclos formativos [aquí].
  • Buscador de centros con oferta de FP sostida con fondos públicos [aquí].
  • Buscador de ciclos formativos e cursos de especialización [aquí].

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar [2023/2024]

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

Prazo. Do 20 de maio ao 21 de xuño.

Presentación. Hai tres maneiras de presentar a solicitude: 

  • De xeito manual e presencial (Secretaría do centro). 
  • Con creación de solicitude na aplicación Fondolibros e presentación presencial. 
  • Con creación de solicitude na aplicación e presentación electrónica [procedemento ED330B]. 

Documentación necesaria. As persoas interesadas deberán achegar os Anexos I e II da solicitude, que poden descargar desde Fondolibros [descarga dos Anexos I e II]. Tamén poden solicitar unha copia en papel nas oficinas do centro. Os devanditos anexos entregaranse xunto coa documentación que corresponda: 

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024 deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

Outra documentación de interese:

Bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo [2023-2024]

Está aberto o prazo de solicitude de bolsas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2023-2024. Pode consultar a convocatoria nesta ligazón.

Prazo de presentación: desde o 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023.

As solicitudes deben formalizarse na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional [aquí].

Máis información no Portal de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional e no Departamento de Orientación do centro.

Bolsas para estudos postobrigatorios. Precisas axuda?

O 17 de maio pecha o prazo de solicitude de bolsas para o alumnado que teña pensado cursar estudos postobrigatorios no ano académico 2023-2024 (universitarios, bacharelato, ciclos formativos e FP básica). 

Se precisas axuda para formalizar a túa solicitude, ofrecémosche a posibilidade de vir polo instituto para que che botemos unha man. Os días que temos dispoñibles son os martes, mércores e xoves en horario de tarde.

IMPORTANTE: será necesario concertar cita previa nas oficinas do centro ou telefonicamente (986580904).

Os documentos que precisas para poder completar o proceso son, en principio, os seguintes:

  • Documentos de identidade de todos membros da unidade familiar (orixinais, fotocopiados ou escaneados)
  • Número de conta bancaria na que figure a alumna/o.
  • Familia numerosa ou outras circunstancias: documentación acreditativa.
Distribuir contido


by Dr. Radut