Skip to Content

Probas libres para a obtención dos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e bacharel [2023]

Publicada no DOG a Resolución do 27 de xaneiro de 2023 (ver tamén a corrección de erros publicada no DOG do 27/02/2023), da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Os prazos de matrícula serán:

  • Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

Publicada a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.



story | by Dr. Radut