Skip to Content

Remate de curso e indicacións de matrícula 2022/23

O último día de clase do curso 2021/22 será o 22 de xuño (mércores).

As cualificacións publicaranse en Abalar o 23 de xuño ás 15.00 horas. Poden informarse en detalle do calendario de final de curso pinchando neste enlace.

MATRÍCULA 2022/23 PARA ESO E BACHARELATO

Prazo. Entre o 23 de xuño e o 7 de xullo de 2022.

Procedemento de entrega de documentación. Ofrecemos dúas posibilidades:

  • Presencial. Entre 9.00 h e 13.30 h.
  • Telemática. Toda a documentación poderá remitirse ao enderezo electrónico matricula@iespintorcolmeiro.org

Esta é a documentación que empregaremos para realizar a matrícula do alumnado que cursará ESO e bacharelato no 2022/23. Nota/ O impreso de matrícula de cada curso e o documento de consentimento do uso da imaxe son editables (pode cubrilos desde o seu ordenador ou dispositivo móbil).

Que documentos hai que entregar? Moi sinxelo:

O impreso de matrícula correspondente + consentimento do uso da imaxe + copia DNI/NIE do alumnado (a copia do DNI só se require para 1º ESO).

Nota/ Pode asinar os PDF sen necesidade de imprimilos, mesmo incorporando unha sinatura "manuscrita". Máis información nesta ligazón.



story | by Dr. Radut