Skip to Content

Orientación

ABAU 2023. Instrucións e calendario

Publicouse recentemente a Resolución do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24. 

O Departamento de Orientación do noso centro revisou a devandita Resolución e elaborou un resumo. Para acceder a el, fai clic nesta ligazón.

Calendario:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior [2023]

O día 5 de xaneiro publicouse no DOG a Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023. 

Requisitos:

  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Que facer despois do Bacharelato?

O Departamento de Orientación do noso centro elaborou un documento de interese para o alumnado de 2º de Bacharelato. Fai clic na imaxe para acceder. 

Non esquezas achegarte ao despacho de Orientación para recibir información personalizada. Agardámoste!

Plan anual do Departamento de Orientación [2022/23]

Matrícula ABAU 2020

Admisión a Ciclos FP 2019/20

STEM week

Actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio durante o curso 2018/19.

Prazo para solicitalas remata o 30 de maio de 2019

"Adolescentes e novas tecnoloxías"

O xoves 25 de abril, ás 20:00 horas, no IES Pintor Colmeiro, as nais e pais do noso alumnado terán a oportunidade de asistir a unha charla sobre aqueles aspectos que máis preocupan ás familias sobre o uso que fan os seus fillos e fillas das novas tecnoloxías: redes sociais, internet, videoxogos, xestión do tempo, establecemento de límites, xestión de conflitos  ... Esta temática foi demandada polas familias na charla anterior e animamos a tod@s a que asistan!

A comunicación cos fillos/as adolescentes

xoves, día 7 de febreiro de 2019, ás 20:00 horas, no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, teremos unha charla destinada ás familias sobre  “A comunicación cos fillos e fillas adolescentes". Trataranse os seguintes aspectos: 

-Cambios na adolescencia.

-Como falar cos adolescentes para que nos escoiten?

-Como resolver conflitos que se producen habitualmente no contexto familiar?

Posto que a implicación na educación nestas idades é un tema esencial para toda a comunidade educativa, e con ánimo de mellorar a formación e coñecementos sobre aspectos relevantes na educación das rapazas e rapaces destas idades, convidamos a todas as familias do noso alumnado!

PROBA ACCESO A CICLOS MEDIOS 2019

Resume da información básica no ficheiro adxunto:

Calendario (das de inscrición, día do exame ...)

Onde atopar toda a información?

Exames de anos anteriores

 

Distribuir contido


by Dr. Radut