Skip to Content

ABAU 2023

Acceso á universidade

Matrícula ABAU 2023

O alumnado de 2º de bacharelato coñecerá oficialmente os resultados académicos da avaliación final ordinaria o día 16 de maio de 2023 a través da aplicación Abalar (hora de publicación: 18.00 h). As xestións necesarias para formalizar a matrícula na ABAU 2023 terán que resolverse entre o 18 e o 22 de maio. Ofrecémosche unhas indicacións para que todo che resulte máis doado: 

1. Pagamento das taxas do título de Bacharelato. Para este trámite utilizarás un formulario que estará dispoñible na Secretaría do centro. Dispós dun modelo xa cuberto aquí, que poderás usar como referencia para copiar os datos ao formulario. Despois terás que levalo a unha entidade bancaria e farás o pagamento. A entidade quedará coa copia que lle corresponde, ti con outra e a terceira traerala ao centro. Se optas polo pago telemático, podes facelo seguindo as indicacións deste documento. No caso de que teñas dereito a redución por familia numerosa, deberás traer tamén o documento que o acredite. 

2. Pagamento das taxas da ABAU. Poderás recoller o documento en Secretaría ou utilizar a versión electrónica [aquí]. Se optas polo pagamento telemático, deberás facelo seguindo estas instrucións.

3. Impreso de prematrícula na ABAU. Poderás recollelo na Secretaría do centro ou utilizar a versión electrónica [aquí]. 

4. Entrega no centro dos tres documentos anteriores: a folla das taxas do título, a copia do pagamento das taxas da ABAU e o impreso de prematrícula. 

5. O prazo oficial para realizar todas estas xestións rematará o 22 de maio (ás 13.00 h). De todas formas, é moi importante que resolvas o teu trámite antes desta data para evitar os típicos problemas e imprevistos de última hora.

Unha vez confirmada a matrícula, recibirás no teu correo electrónico o código que necesitarás para ter acceso a NERTA, a aplicación informática na que realizarás todas as xestións relacionadas coa ABAU e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazas do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Resumo de ligazóns de interese:

ABAU 2023. Instrucións e calendario

Publicouse recentemente a Resolución do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24. 

O Departamento de Orientación do noso centro revisou a devandita Resolución e elaborou un resumo. Para acceder a el, fai clic nesta ligazón.

Calendario:

Parámetros de ponderación

Resolución do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/23 [ligazón].

Calendario ABAU 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut