Isidro Gil e Irene Míguez entrevistan a Miguel, propietario da Carnicería Cuíña onde o normal é comprar chourizos ou costeletas, como se dixo toda a vida, calidade e compromiso coa lingua.
En Radio Burela o alumnado do IES Perdouro ten un programa semanal, o Proxecto Neo. Este mércores entrevistaron a Valeria Espinal, alumna de 1º de bacharelato, para falar da Radio Colmeiro.