O xoves, día 7 de febreiro de 2019, ás 20:00 horas, no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, teremos unha charla destinada ás familias sobre “A comunicación cos fillos e fillas adolescentes". Trataranse os seguintes aspectos:
-Cambios na adolescencia.
-Como falar cos adolescentes para que nos escoiten?
-Como resolver conflitos que se producen habitualmente no contexto familiar?
Posto que a implicación na educación nestas idades é un tema esencial para toda a comunidade educativa, e con ánimo de mellorar a formación e coñecementos sobre aspectos relevantes na educación das rapazas e rapaces destas idades, convidamos a todas as familias do noso alumnado!