Skip to Content

Actividades

Traballando Igualdade e Convivencia: comportamentos d@s adolescentes nas redes sociais

Charla moi interesante e participativa  impartida polo profesor da USC Antonio Boubeta na que se trataron moitas das preocupacións das familias en canto ao uso da tecnoloxía por parte dos deus fill@s (videoxogos, xestión dos tempos, amigos virtuais, imaxe dixital, seguridade en internet ...).

C

Traballando Igualdade e Convivencia: charla sobre a comunicación c@s fill@s adolescentes

O xoves, 7 de febreiro, tivemos unha charla dirixida ás familias sobre a comunicación cos adolescentes: como falarlles para que nos escoiten? e como resolver conflitos que se producen habitualmente no contexto familiar?

Internet e Adolescencia

Programa de Apoyo a Madres y Padres de Adolescentes

A escada da violencia de xénero en adolescentes

Consumo de porros

Chegou a Adolescencia

 

A comunicación cos fillos/as adolescentes

xoves, día 7 de febreiro de 2019, ás 20:00 horas, no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, teremos unha charla destinada ás familias sobre  “A comunicación cos fillos e fillas adolescentes". Trataranse os seguintes aspectos: 

-Cambios na adolescencia.

-Como falar cos adolescentes para que nos escoiten?

-Como resolver conflitos que se producen habitualmente no contexto familiar?

Posto que a implicación na educación nestas idades é un tema esencial para toda a comunidade educativa, e con ánimo de mellorar a formación e coñecementos sobre aspectos relevantes na educación das rapazas e rapaces destas idades, convidamos a todas as familias do noso alumnado!

Distribuir contido


by Dr. Radut