Skip to Content

Orientación

PODES VISITAR "EDUGAL" do 17 ao 19 de febreiro en Pontevedra

SALÓN DE OFERTA DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN GALICIA

Premios Extraordinarios de Bacharelato 2015

Estudar un ciclo de FP no curso 2015-16

Desde o día 17 de xuño ao 2 de xullo está aberto o prazo para inscribirte nos ciclos de FP. No doc. adxunto atoparás toda a información que precisas.

Información sobre as Probas de Acceso a Ciclos Superiores

 

Data de celebración da proba: 29 de abril

Lugar (para o alumnado de Silleda): IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)

Proba de Acceso a Ciclos Medios de FP

Se queres presentarte á Proba de Acceso a Ciclos Medios o prazo para inscribirte vai do 7 ao 20 de abril. Non te despistes!

Os exames serán o 3 de xuño.

Campus Científicos de Verano 2015

Se estás cursando 4º de ESO ou 1º de BAC, tes interese pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación e boas cualificacións académicas, poden interesarche os "Campus Científicos de Verano". Se saes seleccionado/a participarás nun proxecto de achegamento científico desenvolvido nunha universidade española e convivirás con rapaces e rapazas doutras comunidades. Anímate!

Tes pensado presentarte ás probas de acceso a ciclos superiores?

Aínda que debes ler toda a convocatoria, aquí atoparás un resume da información máis relevante. O prazo para inscribirte remata o 6 de marzo!

Na revista Yaq atoparás uns consellos para preparar os exames tipo test

Practica facendo  exames de anos anteriores

Convocatoria dos Premios Extraordinarios de BAC 2014

Dirixidos a alumnado de 2º de BAC que teña unha media de 8,75 ou máis nos dous cursos de bacharelato. Orde 12 xuño 2014 Concederanse 20 premios (en Galicia). En que consisten?

 - Dotación de 1000 Euros

Centros Residenciais Docentes

Xa saíu a convocatoria de prazas nos Centros Residenciais Docentes (A Coruña, Vigo e Ourense):

Orde do 6 de xuño de 2014

Pode interesarche se pensas facer un ciclo de FP que non haxa na zona.

 

Proceso de admisión nos ciclos de FP 2014/15: instrucións, códigos de centros e ciclos, onde ver os listados ...

Lembra que o prazo de solicitude de praza vai do 17 de xuño ao 4 de xullo!!!!

Instrucións para a admisión nos Ciclos Superiores de FP

Instrucións para a admisión nos Ciclos Medios de FP

Distribuir contido


by Dr. Radut