Skip to Content

Acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º ESO e 2º BAC

Publicouse no portal educativo a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24. 

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

  • O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
  • O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Fai clic nesta ligazón para ver unha demo da proba.

Acreditación do alumnado de bacharelato

  • A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  • O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  • No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio. 
  • O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas.

Requisitos do alumnado para participar nas probas específicas

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

Convocatoria das probas específicas

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.

As probas realizaranse nos centros docentes que impartan a etapa de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.

Prazo de solicitude

As solicitudes presentaranse na Secretaría do centro antes das 14:00 h do 15 de marzo de 2024. O formulario de inscrición está dispoñible no centro ou nesta ligazón.

AdxuntoTamaño
Anexo IV- Inscrición_Pintor_Colmeiro.pdf160.72 KB
20231213_EstruturaMGCD_v.1.0_lite.pdf5.09 MB
Presentación_Reunión_06_03_24.pdf2.39 MB


story | by Dr. Radut